Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio para a execución do plan parcial do SUNP 7 (O Avío) en Santiago de Compostela.

1. Por Resolución do 26 de setembro de 2003, do director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa, seguido polo procedemento de taxación conxunta, para a execución dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan parcial do SUNP 7 (O Avío) en Santiago de Compostela, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en beneficio da Sociedade Cooperativa Limitada Monte Aloia.

2. De conformidad co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida habilita para proceder á ocupación do predio e producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

3. Procede, en consecuencia, fixa-las datas en que se procederá ó levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

4. Para estes actos deberá terse en conta:

1º Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, ós interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto, o interesado achegará certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación

negativa do Rexistro da Propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos. Se existiran cargas deberán comparece-los titulares delas.

2º Que se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, a Administración consignará o importe deset na Caixa Xeral de Depósitos (artigo 206.1º do Regulamento de xestión urbanística).

5. De conformidade co artigo 55.1º do regulamento da Lei de expropiación forzosa estenderase acta de ocupación do ben ou dereito expropiado a continuación da de pagamento. Nos casos nos que sexa necesario proceder á consignación dos prezos xustos, unha vez consignados na Caixa Xeral de Depósitos, o levantamento das actas de ocupación terá lugar o vindeiro día 5 de novembro de 2003, ás 10.00 horas, no salón de actos do Concello de Santiago de Compostela. Para proceder ó levantamento destas actas deberán asisti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome con poder suficiente, do que achegarán copia, provistos dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo do imposto sobre bens inmobles, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou un notario.

En consecuencia convócanse os titulares dos bens e dereitos afectados polo presente expediente, para proceder ó levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se efectuará nos seguintes lugares e datas:

Lugar: salón de actos da Casa do Concello de Santiago de Compostela.

Data:

-Para a acta de pagamento: 30 de outubro de 2003, ás 10.00 horas.

-Para a acta de ocupación: 5 de novembro de 2003, ás 10.00 horas.

Parcela nº 54: pro indiviso dos herdeiros de Jaime Mata Fernández (Consuelo Mansilla Nouche, Marco Jaime e Alejandra Mata Mansilla) e dos herdeiros de Gabriel Mújico Brea e Juana Gendra Fernández (Carmen, Antonio Mújico Gendra, Mª Ángeles e Pilar Arnejo Mújica); novo prezo xusto: 66.078,75 euros.

Notificaráselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese este acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada esta non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo