1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para a realización da codirección das obras incluídas na 2ª fase da primeira programación plurianual do IV convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.
2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9.00 a 13.00 dentro do prazo dos oito días naturais, contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.
5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 10 de outubro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña
ANEXO
Asistencia á deputación para a realización da codirección das obras inlcuídas na 2ª fase da primeira programación plurianual do IV convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.
Lugar de execución
provisional definitiva
Proxecto
Orzamento Prazo execución Clasificación Garantía
Garantía
Acondicionamento de campo de fútbol (A Laracha) 9.944,60 O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a deputación comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía. Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Complexo deportivo (Padrón) 15.208,28 O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a deputación comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía. Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Acondicionamento de campo de fútbol (Ponteceso) 6.402,4 O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a deputación comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía. Non se esixe Non se esixe Non se esixe

