Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.319

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FRICOAGA, SOC. COOP. GALEGA

ANUNCIO de fusión.

A Sociedade Cooperativa Fricoaga Soc. Cop. Galega, con domicilio en Finca As Coutadas s/n de Friol, CIF F/27023415, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, na reunión do 9-10-2003, acordou fusionarse coas cooperativas Planmiño Sdade. Cop. Galega e Leitulla Sdade. Coop. Galega, mediante a creación dunha nova cooperativa denominada Agris Sdade. Cooperativa Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Palas de Rei, 20 de outubro de 2003.

José L. Fernández Varela

Presidente da Sociedade Cooperativa

Fricoaga Soc. Cop. Galega