O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 31 de xullo de 2003, acordou aprobar definitivamente os puntos nº 1, 2, 3, 11 e 12 da modificación puntual nº 3 do PXOM, consistentes en:
Nº 1: trazado da vía circunvalación norte.
Nº 2: incorporación da zona de reserva eólica en concordancia co Plan sectorial eólico de Galicia.
Nº 3: modificación do xacemento arqueolóxico do Carril en función da corrección da ficha da Dirección Xeral de Patrimonio.
Nº 11: modificación de aliñacións en Cornazo.
Nº 12: modificación de aliñacións na rúa Limoeiro: ós terreos afectados polo cambio de aliñación aplicaráselle-la ordenanza nº 1 do PXOM, (R-1), con IV alturas, en lugar da ordenanza nº 4 (R-4), aplicable con anterioridade.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Vilagarcía de Arousa, 29 de setembro de 2003.
Joaquín J. Gago López
Alcalde

