Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 13 de outubro de

2003, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de acondicionamento do lavadoiro da Ponte Labrada.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: oitenta e tres mil cento setenta e un euros con sesenta e cinco céntimos (83.171,65 A) de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 60.251,85 A.

Gastos xerais: 7.832,74 A.

Beneficio industrial: 3.615,11 A.

IVE: 11.471,95 A.

4. Garantías.

a) Provisional: mil seiscentos sesenta e tres euros con corenta e tres céntimos (1.663,43 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos Claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8.00 a 15.00. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 17 de outubro de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde