De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos de Vilariño de Conso (IBI, IAE, IVTM, taxa recollida lixo e rede de sumidoiros, e prezo público pola subministración de auga) e da
Veiga (IVTM, imposto sobre gastos suntuarios, taxa recollida lixo, taxa por subministración de auga, taxa pola utilización da vía pública), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.
A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.
Ourense, 26 de setembro de 2003.
José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

