De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de ocupación de departamentos para usuarios no porto de Suevos.
O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
As bases do concurso e o outorgamento das autorización de ocupación rexeranse polo prego de bases e de condicións aprobados para o efectos, que estarán á disposición dos interesados nas oficinas da zona centro do ente público Portos de Galicia, sitas en avenida Alférez Provisional, nº 1-1º, 15006 A Coruña. As solicitudes presentaranse nestas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.
Carlos Negreira Souto
Presidente do ente público Portos de Galicia

