Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación por renting de dous vehículos iguais novos (km 0) para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación por renting de dous vehículos iguais novos (km 0) para o Igape por un prazo de catro anos, de acordo coas especificacións contidas nos pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares. (C.P. 11/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 11/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: renting de dous vehículos iguais novos (km 0) para o Igape por un prazo de catro anos, de acordo coas especificacións contidas nos pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares.

b) Prazo de vixencia (meses): a vixencia será de 48 meses desde a entrega dos vehículos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 74.500 A (setenta e catro mil cincocentos euros) imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, orzándose 1.550,08 A/mes, IVE incluído, o custo de dous vehículos.

5. Garantía provisional: 1.490 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para la presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato, o que se acreditará polos medios establecidos no punto 4.2 A do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará as 14.00 horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e sellado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: admítense tres variantes por oferta debidamente xustificadas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 11.30.

10. Gastos de anuncios: 1.500 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica