Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 16 de outubro de 2003 o Plan de sectorización A Seara, de conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ó público na secretaría municipal, durante un prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, co fin de que os interesados poidan formula-las reclamacións que consideren pertinentes.
Carballeda de Avia, 17 de outubro de 2003.
Luis Milia Méndez
Alcalde

