Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 4/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 10 de outubro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións para o elevador panorámico ó monte de San Pedro e recuperación ambiental da Canteira, formulado polo enxeñeiro industrial Antoni Álvarez-Buylla Pardo e promovido polo concello.

Segundo.-Someter a información pública por prazo dun mes o plan especial mediante anuncio que se

inserirá no Diario Oficial de Galicia e en dous dos periódicos de maior circulación da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos.

Terceiro.-Remitir plano de situación da actuación que se proxecta no plan especial ó Ministerio de Fomento-Secretaría do Estado de Augas e Costas.

Cuarto.-Remitir copia fiel do plan especial á Consellería de Pesca e Asuntos Mariños, co obxecto de que emitan informe de conformidade co artigo 117 da Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas.

Quinto.-Dilixencia-lo plan especial co selo de aprobación inicial.

O que publica para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se estimen pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n.

A Coruña, 14 de outubro de 2003.

José Luis Méndez Fomeu

Concelleiro delegado de Urbanismo