Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a contratación da obra beirarrúas, pluviais e pavimentación desde Casal á igrexa de Sésamo.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: execución da obra denominada beirarrúas, pluviais e pavimentación desde Casal á igrexa de Sésamo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 132.897,73 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: grupo G. Subgrupo 6. Categoría c.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o primeiro xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte día hábil, que non sexa sábado.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios de licitación: aproximadamente 520 euros.

Culleredo, 10 de outubro de 2003.

Isabel González Allegue

Tenente de alcalde de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación