Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a subministración seguinte:

Obxecto: adquisición de material informático para as distintas dependencias do concello.

Orzamento de licitación: 57.000 euros.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de entrega: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de sete días (7) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13.00 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9.00 ata as 13.00 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 21 de outubro de 2003.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións