Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (3638/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 28 de agosto de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Conceder a Xardín das Burgas, S.A., representada por Basilio Martínez Serodio, licencia urbanística de obra para demolición das edificacións incluídas dentro do ámbito de xestión urbanística da unidade reparcelable para a implantación dun complexo termal, debendo terse en conta na derruba o disposto no artigo 3.6.c.2 do PXOU de 1986.

Esta licencia queda condicionada ó aboamento, logo de liquidación polo Servicio de Facenda, das taxas e impostos que procedan, tendo en conta a partida orzamentaria prevista para estas demolicións, que ascende a 31.936,47 euros (capítulo 1-partida 595). Ata que non se cumpra a condición non se expedirá a licencia nin se considerará eficaz.

2. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do contorno do Complexo Termal As Burgas, por instancia de Xardín das Burgas, S.A., representada por Basilio Martínez Serodio.

O solicitante deberá asumir expresamente, durante a fase de información pública, as condicións contidas nos informes do Servicio de Enxeñería con data do 27 de marzo de 2003 e do Servicio de Medio Ambiente con data do 29 de maio de 2003, condición sen a cal non se procederá á aprobación definitiva do proxecto.

A garantía que se constituirá, no caso de que se proceda á urbanización e edificación simultánea, segundo o disposto no artigo 41 do RXU, alcanzará o importe de 748.260,07 euros, en calquera das formas legalmente admitidas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación, debendo cons

tituírse no expediente da licencia urbanística da obra para a edificación do complexo termal. E

3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no BOP, no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia».

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de setembro de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde