A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-los seguintes servicios:
* Auditoría de contas contables do exercicio de 2003, 2004 e 2005 (expediente 037/2003).
* Servicio de limpeza en varias dependencias (expediente 038/2003).
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, de 12.00 a 14.00 horas, ata o 18 de novembro de 2003 (incluído).
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de 12.00 a 14.00 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 18 de novembro de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información, poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.
Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o día 24 de novembro; expediente 037/2003 a partir das 9.00 horas e expediente 38/2003 a partir das 11.00 horas.
Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.
Blanca García Varela
Directora da Fundación Pública Urxencias
Sanitarias de Galicia-061

