A Federación Hípica Galega, conforme o artigo 8 da orde de federacións galegas, publica que, na asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o día 12 de xuño de 2003, se modificou o artigo 2, letra a), que queda redactado da seguinte forma:
a) Regular, promocionar, organizar, xestionar e controla-lo deporte da hípica dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no campo amateur coma no profesional, e as competicións oficiais nas seguintes modalidades: salto de obstáculos, concurso completo de equitación, doma clásica, raid, ponis, acoso e derriba, doma vaqueira, enganches, volteo, marchas, turismo ecuestre, andadura galega, horseball, trec e maratón ecuestre.
Vigo, 10 de setembro de 2003.
Carlos Domínguez Álvarez
Presidente da Federación Hípica Galega
Sara Lago Pérez
Secretaria xeral da Federación Hípica Galega

