En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Profesores e Técnicos de Ensinanzas non Regradas que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos formadores, titulados universitarios medios e superiores, ou técnicos superiores de formación profesional.
Asinan a acta de constitución: Ramón León Pérez e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais

