De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos
da Asociación de Promotores Inmobiliarios Vigo, Pontevedra y demás Municipios (Aproín), e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio da denominación que consta ata agora, pola seguinte: Asociación de Promotores Inmobiliarios de la Provincia de Pontevedra.
Asina a acta de modificación: Víctor Vila Davila, secretario.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 13 de outubro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

