1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.
c) Número de expediente: 26/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición dun sistema de protección contra incendios con destino ó CIXTEC.
b) Número de unidades que se van entregar: o indicado no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de entrega: CIXTEC; rúa Domingo Fontán, nº 9, 15702 Santiago de Compostela.
d) Prazo de entrega: 15 días naturais contados desde o asinamento do correspondente contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: noventa mil euros (90.000 A), IVE incluído.
5. Garantía provisional.
2% do orzamento base de licitación: 1.800 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax: 981 54 12 70.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista, solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.
O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Entidade: CIXTEC.
2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CIXTEC.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: 13.00 horas.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.
11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: www.cixtec.es.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.
Gonzalo Gómez Montaña
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable

