Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de concesión de máquinas expendedoras e de subministracións, polo procedemento aberto, para a concesión de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos para este complexo hospitalario e adquisición de licencias Citrix Metaframe-Ref. C. 149 e 213/2003, respectivamente.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 149/2003.

Obxeto: concesión de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos para o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Canon mínimo anual: 2.300 euros.

Garantía provisional: 600 euros.

Nº referencia expediente: C. 213/2003.

Obxeto: adquisición de licencias Citrix Metaframe.

Orzamento total: 56.000 euros.

Garantía provisional: 1.120 euros.

1. Forma de adxudicación: concursos, polo procedemento aberto.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: admítese ata unha variante no expediente 213/2003.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña), antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario (planta soto do Hotel de Doentes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña