Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2003 aprobou inicialmente o Plan de Sectorización dunha parcela anexa ó polígono Río do Pozo, redactado polo arquitecto Javier Rodríguez Marcos e promovido pola empresa Cementos Galegos, S.A.

De acordo co establecido no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no DOG e en dous xornais da provincia, computándose o dito período desde o día seguinte ó da publicación no DOG, co fin de que se poida examina-lo seu contido e presenta-las alegacións ou observacións que se consideren convenientes.

O expediente e demais documentación quedan de manifesto nas dependencias de Obras e Urbanismo do concello.

Narón, 27 de outubro de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde