1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, expediente nº 2003124C.
2. Obxecto do contrato.
Obxecto: rede de augas pluviais na rúa Bernardo Vázquez (Nigrán).
Prazo de execución (meses): 4.
3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 175.511,69 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza da Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata a finalización do prazo de presentación de propostas.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría B.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Documentación necesaria: a indicada no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán ou a través doutros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.
9. Apertura das proposicións económicas: na Casa Consistorial de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Nigrán, 16 de outubro de 2003.
Alfredo Rodríguez Millares
Alcalde

