Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, expte. nº 2003123C.

2. Obxecto do contrato.

Obxecto: rede de pluviais na rúa Jesús Espinosa-Rúa do Mariñeiro.

Prazo de execución (meses): 3.

3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 247.652,69 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza da Constitución, 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Tfno.: 986 36 50 00, fax: 986 38 39 31, ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou a través doutros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 16 de outubro de 2003.

Alfredo Rodríguez Millares

Alcalde