Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexen a contratación en réxime de concesión administrativa da concesión administrativa de explotación dos servicios municipais mancomunados de vertedoiro de entullo de construcción e demolición do Porriño, polo procedemento aberto e de concurso coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las
reclamacións e observacións que estimen por convenientes.
Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar polo procedemento aberto e de concurso en réxime de concesión administrativa da concesión administrativa de explotación dos servicios municipais mancomunados de vertedoiro de entullo de construcción e demolición do Porriño. En todo caso, as licitacións aprazaranse, de presentárense reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.
Presentación de proposicións: durante un prazo de 30 días naturais contados a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O Porriño, 28 de outubro de 2003.
Raúl Francés Rodríguez
Alcalde

