Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexen a contratación en réxime de concesión administrativa da construcción de aparcadoiro subterráneo e subseguinte explotación da obra mediante a xestión do servicio de estacionamento público de vehículos, polo procedemento aberto e de concurso coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que estimen por convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar polo procedemento aberto e de concurso en réxime de concesión administrativa da construcción de aparcadoiro subterráneo e subseguinte explotación da obra mediante a xestión do servicio de estacionamento público de vehículos. En todo caso, as licitacións aprazaranse de presentárense reclamacións contra prego de condicións ata que non señan resoltas.

Presentación de proposicións: durante un prazo de 52 días naturais contados a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e taboleiro de edictos do concello.

O Porriño, 28 de outubro de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde