Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.832

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AGRORTEGAL, S.C.L.

ANUNCIO.

Na asemblea xeral extraordinaria con data do 27 de outubro de 2003 adoptáronse os seguintes acordos:

-Reactivación da sociedade, que resultou disolta de pleno dereito como consecuencia de falta de adaptación dos estatutos á Lei 5/1998, do 18 de decembro, dentro do prazo establecido legalmente.

-Adapta-los estatutos da sociedade á Lei 5/1998, do 18 de decembro.

-Elección da totalidade de membros do Consello Rector e interventores, da que resultaron elixidos os seguintes socios: presidente: Manuel Vierna Pita; vicepresidente: José Manuel Lamelas Lamelas; secretario: Antonio Saavedra Lage; tesoureiro: Francisco Manuel Penabad Pita; vocal: Dolores López Cornide; interventores: José Sierra Caruncho e Gonzalo Pérez Bernardo.

Manuel Vierna Pita

Presidente