Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das seguintes obras, IVE incluído:
1. C.P. 6515 Senra-Excuadro (Silleda) (PPC 2003): 185.424,68.
2. C.P. 8201 Moraña-Sta. Xusta-Couso (Moraña) (POL 2003): 308.686,26.
Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo A, subgrupo 2, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obra nº 2: grupo A, subgrupo 2, categoría c; e grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.
Prazo de presentación de plicas: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no BOP, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, de 9.00 a 13.00.
Apertura de plicas: no pazo de provincial, ás 11.00 horas do segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.
Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.
Pontevedra, 31 de outubro de 2003.
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
Rogelio Nicieza de la Cerra
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra

