O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo na súa sesión do día 11 de setembro de 2003, acordou declarar que, no núcleo que se indica a continuación, a non concorrencia dos indicadores que para determina-la necesidade de formulación de plans especiais que se establecen no punto 3.9.5 das normas urbanísticas, e xa que logo, non estima-la necesidade de formulación do devandito plan, mantendo as condicións transitorias que para a concesión de licencias de edificación establece o plan xeral, ata un máximo de 23 licencias máis, coa condición, que deberá figurar no acordo de concesión de novas licencias de edificación, de conexión obrigatoria ós servicios xerais de abastecemento e saneamento das augas fecais, con prohibición de fosas sépticas.
O núcleo é o seguinte:
Expediente: 7907/411 Núcleo: 10.09 Ribelas Tipo: C.
O que se publica para o xeral coñecemento.
Vigo, 30 de setembro de 2003.
Ventura Pérez Mariño
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

