No BOP da Coruña número 236, do 14 de outubro de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Brión para prover, mediante oposición libre, unha praza de auxiliar administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de persoal de funcionarios.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
Brión, 15 de outubro de 2003.
José Luis García García
Alcalde

