Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación de contrato de subministración.

Mediante acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión celebrada o 21 de outubro de 2003, aprobouse o expediente administrativo, e a autorización do gasto, para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia a subministración que a continuación se relaciona:

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Corcubión do 13-5-2003:

1. Entidade adxudicadora.

-Entidade local: Concello de Corcubión (A Coruña).

-Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

-Adquisición da subministración: equipamento para a mellora da iluminación pública en Travesías.

-Prazo de entrega: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma de adxudicación: concurso.

-Orzamento base da licitación (IVE incluído): 9.513,02 A.

-Garantía provisional: 190,26 A.

-Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

4. Obtención da documentación e información.

-Entidade: Concello de Corcubión (A Coruña).

-Enderezo: praza José Carrera, nº 1.

-CP: 15130.

-Tlfo.: 981 74 54 00.

-Fax: 981 74 71 00.

-Data límite de obtención da documentación: durante o prazo para a presentación de proposicións.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Solvencia: segundo prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de ofertas de participación.

-Data límite: 13 días naturais desde o día seguinte ó último anuncio publicado no BOP, DOG ou no xornal.

-Documentación: cláusula 9 do prego.

-Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Corcubión (A Coruña).

7. Apertura de ofertas.

-Lugar: Casa do Concello de Corcubión.

-Data: o 1º día hábil a partir do último para a presentación de ofertas.

-Hora: 18.00 horas.

8. Outra información.

-Gastos de anuncios e taxas: anexo II ó prego.

Corcubión, 22 de outubro de 2003.

Francisco Javier Lema Fuentes

Alcalde-presidente