No BOP da Coruña nº 212, do 15 de setembro de 2003, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión de sete prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal do Concello de Oleiros. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
Oleiros, 2 de outubro de 2003.
Mª José Varela Neira
Concelleira delegada de Persoal e Réxime Interior

