De acordo co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e demais disposicións de aplicación, faise público que o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 16 de outubro de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal deste concello para cambio de uso do solo urbanizable industrial a residencial en San Martiño de Guillar, promovido por Construcciones Clelia, S.L.
Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán interpoñerse os recursos que siguen:
a) Potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.
c) Calquera outro recurso que se considere procedente.
Outeiro de Rei, 28 de outubro de 2003.
José Pardo Lombao
Alcalde

