Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, por Decreto da Alcaldía do 30 de outubro de 2003, o Plan Sectorización RA-49 e a reparcelación incluída neste, promovido por Construcciones Clelia, S.L., en Guillar, deste municipio, de acordo co disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na secretaría municipal, en horas de ofician, e formula-las alegacións e observacións que se consideren procedentes en escrito dirixido á alcaldía.

Outeiro de Rei, 30 de outubro de 2003.

José Pardo Lombao

Alcalde