Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 24 de setembro de 2003, de revogación das axudas pola contratación de traballadores en risco de exclusión social do expediente administrativo FM343C 2001/3-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación de traballadores en risco de exclusión social do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM343C 2001/3-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Tesuri Vigo, S.L.

Enderezo: Alfonso XIII, 40, 36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais con data do 24-9-2003, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación de traballadores en risco de exclusión social, presentada por Rosa de Lima de Novoa Valenzuela, en nome en representación de Tesuri Vigo, S.L. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 21-6-2001 e estimada na Resolución do 10-9-2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 4.507,59 A pola contratación dun traballador en risco de exclusión social.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e

ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001, en relación co Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 10-9-2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 4.507,59 A.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 24 de setembro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego, da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 15 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra