Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.
Empresa: Campaño Luna Construcciones, S.L.
Domicilio, localidade: Pedro Mateo Sagasta, 17-1º B, Caldas de Reis.
Número de expediente: 261/2003 721/2003 (AI).
Data resolución delegación provincial: 28-8-2003.
Preceptos infrinxidos: apdo. 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.16º f), 39 e 40 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Resolución: multa de 1.502,54 euros.
Empresa: Montajes Vigonaval, S.L.
Domicilio, localidade: Pizarro, 17 Vigo.
Número de expediente: 392/2003 988/2003 (AI).
Data resolución delegación provincial: 24-9-2003.
Preceptos infrinxidos: artigos 15.1º b) e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.1º, 39.3º a) e 40 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Resolución: multa de 5.000 euros.
Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la
multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:
-Caixa Galicia, Cta. Contable 840. Código 001.
-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.
Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.
Vigo, 20 de outubro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

