Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de outubro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento por ocupación sen título (expediente C-2-IV/75, conta 223 e outro máis).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO apro

bado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista nos artigos 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo perante o Servicio Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de outubro de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 10/2003.

Expedientados: Ramón Jiménez Jiménez, Mª Lourdes Carneiro Pereira e outros.

Último domicilio coñecido: Alexandre Bóveda, nº 7-4º (Santiago de Compostela).

(Expte. C-2-IV/75, conta 223).

-Nº expediente de desafiuzamento: 13/2003.

Expedientada: Mª Dolores Dosil Fernández e outros.

Último domicilio coñecido: rúa Colón, bloque 4, P-1, baixo (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 183).