Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de outubro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados resolucións emitidas polo delegado provincial do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-40-IV/76, conta 255).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícanselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as resolucións dos correspondentes expedientes administrativos de

desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

A dita resolución ordena o lanzamento de Trinidad Arana Santiago e herdeiros de José E. Cabarco Vázquez da vivenda que ocupan, sita na Coruña, polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 17, P-2, 10º C, hoxe praza Esteban Lareo Castro, 6 (expediente C-40-IV/76, conta 255) , outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o seu desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto polo delegado provincial do IGVS na Coruña, coa perceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de outubro de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 10/2002.

Expedientada: Trinidad Arana Santiago e herdeiros de José E. Cabarco Vázquez.

Ultimo domicilio coñecido: polígono de Elviña 2ª fase, bloque 17, P-2, 10º C, hoxe praza Esteban Lareo Castro, 6 (A Coruña).

(Expediente C-40-IV/76, conta 255).