Aprobados o prego de condicións económico-administrativas e o de prescricións técnicas para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e cartografía, anúnciase concurso, por procedemento aberto, conforme o seguinte contido:
1. Entidade adxudicadora: Concello de Maside.
2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía.
3. Prazo de execución: o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
5. Orzamento base de licitación: 99.305,28 A.
6. Garantías: provisional: 1.986,11 A. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
7. Obtención de documentación e información: Concello de Maside. Enderezo: praza Maior 1. Teléfono: 988 28 06 06. Fax: 988 28 06 84.
8. Requisitos específicos do contratista: acreditación de solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.
9. Presentación de ofertas: data límite de presentación o décimo quinto día natural desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (última publicación), no rexistro xeral do concello, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992. Presentarase a documentación e o modelo de proposición esixidos no prego de condicións.
10. Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas (agás sábados; neste caso realizarase a apertura o día hábil seguinte).
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: sométense a información pública durante o prazo de oito días hábiles, desde a publicación deste anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalos e de se-lo caso, presentar reclamacións perante el. De presentarse reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que se resolvan.
Maside, 11 de novembro de 2003.
O alcalde
Rubricado

