Aprobados pola Comisión de Goberno, en data 6 de novembro de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación por concurso da subministración dunha pa cargadora retroescavadora con martelo hidráulico para a realización de obras municipais, sométese a exposición pública polo prazo de oito días a contar desde o día seguinte ó da derradeira publicación do anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións.
De conformidade co disposto no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986 anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que a licitación se aprazará, no suposto de que sexan formuladas reclamacións contra os pregos de condicións mentres non se resolvan polo órgano competente.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración dunha pa cargadora retroescavadora con martelo hidráulico.
b) Características do vehículo: as especificadas no anexo I deste prego de cláusulas.
c) Lugar de entrega: Concello de Pedrafita do Cebreiro.
d) Prazo de entrega: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: importe total 72.000 euros (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación (1.440 euros).
Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
-Entidade: Concello de Pedrafita do Cebreiro.
-Domicilio: praza de España, 2.
-Localidade e código postal: Pedrafita do Cebreiro, 27670.
-Horario: de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
-Teléfono: 982 36 71 03. Fax: 982 36 71 50.
-Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó de finalización de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: os especificados nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
8. Presentación das ofertas.
-Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó anuncio da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.
Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
-Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
-Lugar de presentación:
Entidade: Concello de Pedrafita do Cebreiro, rexistro xeral.
Domicilio: praza de España, 2.
Localidade e código postal: Pedrafita do Cebreiro, 27670 Lugo.
9. Apertura das ofertas.
Entidade: Concello de Pedrafita do Cebreiro.
Domicilio: praza de España, 2.
Localidade: Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábado).
Hora: doce (12.00) horas.
10. Criterios de base para a adxudicación.
Os recollidos na cláusula 14 dos pregos.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Pedrafita do Cebreiro, 10 de novembro de 2003.
José Luis Raposo Magdalena
Alcalde

