1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
Denominación do servicio: xestión indirecta do servicio público da lonxa de Aguiño, a través da figura de arrendamento.
Durante: vintecinco (25) anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Forma: concurso.
Procedemento: aberto.
Tramitación: ordinaria.
4. Obtención de documentación e información.
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña), CP 15960.
Teléfono: 981 83 54 17, extensión 214.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
5. Presentación de ofertas.
Prazo: quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de
Galicia, horario de 9.00 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Documentación: a esixida na cláusula terceira do prego de cláusulas económico-administrativas aprobadas polo Pleno desta Corporación Municipal en sesión celebrada na data 25-2-2002.
Modelo de proposición: véxase a cláusula terceira, punto 4, do prego de cláusulas.
6. Apertura das ofertas.
Lugar: Casa de Concello de Ribeira.
Data e hora: o día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 13.00 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.
7. Gastos.
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 10 de novembro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Alcalde

