Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 418/2003, do 20 de novembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004.

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución o Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un Programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 de citada lei.

O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004, continuando a execución do Plan Galego de Estatística 2002-2006, aprobado pola Lei 10/2001, do 17 de setembro (DOG nº 188, do 27 de setembro), e que continúa así coa planificación iniciada co Plan Galego de Estatística 1998-2001.

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 9 da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. Este

programa está integrado polo conxunto das seguintes actividades estatísticas:

a) As que integran as metas de información do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e que son recollidas no anexo I deste decreto.

b) Aquelas que darán cumprimento ós obxectivos das metas instrumentais do citado plan e que figuran no anexo II deste decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras xerais:

a) A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

b) Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

c) As actividades estatísticas que non sexan responsabilidade do Instituto Galego de Estatística e cumpran os criterios establecidos no artigo 4º, serán homologadas por este.

d) Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras específicas:

a) Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.

b) Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.

c) Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.

d) Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.

e) Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.

Artigo 4º

As actividades estatísticas incluídas neste programa, que non son responsabilidade do Instituto Galego de Estatística, serán obxecto de homologación por parte deste cando:

1. Sexan de carácter xeral e especial interese para o sistema estatístico galego.

2. Sexan explotacións de datos procedentes de rexistros administrativos propios da Administración galega, de enquisas realizadas polo organismo responsable da actividade ou estatísticas de síntese.

Para a súa homologación, estas actividades deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1. Con anterioridade á realización da actividade, deberá presentarse ó IGE para a súa aprobación, un proxecto técnico básico no que se recollan os principais aspectos metodolóxicos para a súa execución.

2. Con anterioridade á difusión dos resultados, deberá presentarse ó IGE para a súa aprobación, o contido previo da publicación.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 22 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, os organismos e entidades responsables da execución das actividades estatísticas descritas anteriormente remitiranlle os resultados das ditas actividades ó IGE.

Este emitirá un informe sobre o grao de cumprimento das normas reguladoras aplicables ás actividades estatísticas citadas e, se o dito informe é favorable, aprobará os resultados e daralle conta da aprobación ó Consello Galego de Estatística.

Ademais, as actividades estatísticas que sexan obxecto de difusión están sometidas ás normas técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de novembro de 1998.

Artigo 6º

O IGE, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 5 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta norma.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Actividades estatísticas recollidas na Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e incluíddas no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004

1. Área de estatísticas demográficas.

1.0.1.

Nome: censo de poboación e vivenda 2001: explotación de resultados.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo:

* Coñece-la estructura e características da poboación de Galicia.

* Coñece-lo número e características das vivendas galegas.

* Coñece-las características, estructura e tipoloxía dos fogares e familias galegas.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo medio.

1.0.2.

Nome: padrón municipal de habitantes: explotación estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas da poboación que se recollen no padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de cada ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.3.

Nome: movemento natural da poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: dispoñer de información actualizada sobre os nacementos, defuncións e matrimonios de residentes en Galicia así como a súa distribución segundo certas variables de interese.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.4.

Nome: movementos migratorios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características das migracións que teñen por orixe ou destino algún concello galego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

1.0.5.

Nome: proxeccións de poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estima-la distribución futura da poboación galega, formulando os escenarios máis probables de acordo coa análise da información demográfica dispoñible.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

1.0.6.

Nome: proxeccións de fogares.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: establece-las estimacións do número futuro de fogares e/ou familias atendendo a certas clasificacións básicas.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo longo.

1.0.7.

Nome: series demográficas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: poñer á disposición dos usuarios un conxunto de series que reflictan a evolución no tempo dos distintos fenómenos demográficos clasificados segundo certas características de interese.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

1.0.8.

Nome: indicadores demográficos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2. Área de estatísticas sociais.

Sección 2.1. Estatísticas educativas.

2.1.1.

Nome: rexistro de centros.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-la estructura e os datos identificativos dos centros de ensino de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.1.2.

Nome: datos estatísticos do ensino non universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.1.3.

Nome: datos estatísticos do sistema universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.1.4.

Nome: gasto público en educación.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-los datos sobre o gasto público en educación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 2.2. Estatísticas sanitarias.

2.2.1.

Nome: análise da mortalidade.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: obte-los datos de mortalidade de Galicia en número de casos e taxas por enfermidades e grupos de enfermidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.2.

Nome: enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la incidencia de certas enfermidades transmisibles e de tódolos abrochos, coa intención de evita-la súa difusión no territorio galego e mesmo alén del.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.3.

Nome: sistema de información microbiolóxica de Galicia (SIMG).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: co SIMG preténdese, dun modo xenérico, favorece-lo control dos diferentes procesos microbiolóxicos vixiados e identificar axentes novos.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.4.

Nome: rexistro de tumores.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la incidencia e distribución por idade, sexo e área xeográfica e avalia-lo impacto do cancro en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado:moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.5.

Nome: rexistro galego de tuberculose.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: recolle-la información correspondente ós casos de tuberculose de persoas residentes en Galicia e coñece-la súa incidencia e evolución no tempo e certas características da súa presentación na poboación da comunidade.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.6.

Nome: rexistro galego da sida.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: recolle-la información correspondente ós casos de sida de persoas residentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.7.

Nome: sistema de información do sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese no sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne para facilita-la posta en marcha de programas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.8.

Nome: sistema de información de explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais a base de leite cru de vaca.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese das explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.9.

Nome: sistema de información do rexistro sanitario de industrias alimentarias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cantidade e algunhas características de interese das industrias alimentarias existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.10.

Nome: sistema de información sobre calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño (marítimas e continentais).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: conseguir información que permita o desenvolvemento de programas para previ-la morbilidade asociada ó baño, informa-los usuarios das zonas de baño e as autoridades locais do estado sanitario das zonas de baño.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.14.

Nome: enquisa de cobertura vacinal.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñecer de xeito periódico a porcentaxe de poboación galega vacinada nas diferentes idades establecidas nos programas e vacinación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.15.

Nome: estatística de establecementos sanitarios con réxime de internado.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-las características estructurais do sector hospitalario e o seguimento da súa evolución mediante a recollida de información sobre recursos humanos e materiais, actividade asistencial e actividade económica do sector.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.16.

Nome: catálogo de hospitais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: dispoñer dun directorio de hospitais de Galicia que conteña os principais recursos instalados con independencia da súa titularidade.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.17.

Nome: conxunto mínimo básico de datos en hospitais do Sergas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-los procesos de hospitalización.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.19.

Nome: servicios de atención primaria de saúde.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia dos servicios sanitarios de atención primaria para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.20.

Nome: servicios de atención especializada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia dos hospitais (vinculados, concertados e outros) e centros de especialidades para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.21.

Nome: servicios especiais de atención sanitaria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la cobertura e ámbito de influencia de servicios especiais (unidades de saúde mental, centros de orientación familiar, unidades de atención ó drogodependente, urxencias sanitarias 061) para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.23.

Nome: expedientes de prestacións complementarias e de reintegro de gastos por asistencia en medicina privada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-lo custo e os pacientes por programas nos expedientes indicados.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.24.

Nome: saúde laboral.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-los indicadores básicos dos procesos de incapacidade temporal acaecidos en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.25.

Nome: sistema de información farmacéutica: establecementos e servicios de atención farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: dispoñer dun sistema de información no que se especifiquen o número, carteira de servicios e recursos dispoñibles das oficinas de farmacia existentes en cada zona farmacéutica, así como dos servicios de farmacia de atención primaria e especializada de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.26.

Nome: prestación farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: coñece-la distribución e a evolución da prestación farmacéutica nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.27.

Nome: estudio epidemiolóxico sobre o consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: analiza-la prevalencia e os patróns de consumo de cada droga, os perfís dos consumidores, as motivacións, os factores de risco e as consecuencias do consumo así como as actitudes da poboación en relación co consumo de drogas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.28.

Nome: sistema de avaliación asistencial de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: describi-las características dos pacientes atendidos nas unidades asistenciais do Plan de Galicia sobre Drogas e avalia-lo proceso terapéutico que se lles dispensa.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.2.29.

Nome: mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: monitoriza-la mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas e obter información sobre distintos aspectos tanto descritivos coma causais relacionados co falecemento por este motivo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.2.30.

Nome: sistema para a avaliación de programas de prevención e incorporación social de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo:

* Unifica-los sistemas de recollida de información.

* Proporcionar indicadores de avaliación e criterios de análise para valora-los programas.

* Proporcionarlles retroalimentación ós profesionais para outras avaliacións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.2.31.

Nome: observatorio de Galicia sobre drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

Obxectivo: crear un sistema de recollida de información que permita unha análise eficaz do fenómeno das drogodependencias en Galicia, promovendo a unificación de criterios na referida recollida nos diferentes sistemas existentes, tanto a nivel galego coma estatal e europeo.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

Sección 2.3. Estatísticas de benestar social.

2.3.1.

Nome: directorio de centros de familia, xuventude, deporte, voluntariado e muller.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características destas entidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.2.

Nome: situación económica e social da xuventude.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-la situación actual da mocidade galega tanto no aspecto económico coma con respecto ó resto da sociedade.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.3.3.

Nome: estatística de familias numerosas.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a actividade profesional, etc., deste colectivo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.4.

Nome: estatística de adopcións e acollementos.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., destas familias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.5.

Nome: enquisa de condicións de vida das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estudia-las condicións de vida dos fogares galegos.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.3.6.

Nome: consumo das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo comportamento do consumo familiar en Galicia a través da explotación da enquisa de orzamentos familiares do Instituto Nacional de Estatística.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.9.

Nome: estatística sobre datos demográficos de beneficiarios da risga e emerxencia social.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número e evolución de beneficiarios da risga e das axudas de emerxencia social.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.10.

Nome: directorio de centros de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: informa-la poboación sobre os centros de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.11.

Nome: directorio de entidades prestadoras de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: informa-la poboación sobre as entidades prestadoras de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.12.

Nome: censo de persoas con minusvalidez dos residentes na Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: informar sobre o número de persoas con minusvalidez de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.3.13.

Nome: programas de acción voluntaria.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo:

* Fomenta-la participación dos cidadáns en actuacións de voluntariado.

* Promove-los valores socioculturais, humanitarios, ecolóxicos e deportivos da sociedade mediante a acción voluntaria.

* Potencia-lo voluntariado organizado, permitíndolles ós cidadáns poñe-los seus coñecementos e competencias ó servicio de actuacións de interese xeral.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.3.14.

Nome: indicadores sociais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: medir por medio dun conxunto de indicadores a diversidade de aspectos que conforman un concepto (pluridimensional) de benestar.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo longo.

Sección 2.4. Estatísticas culturais e de uso do tempo.

2.4.2.

Nome: directorio de bibliotecas.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: ofrecer información pública acerca dos servicios de lectura pública existentes na Comunidade Autónoma de Galicia e outros tipos de bibliotecas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.3.

Nome: censo de empresas editoriais.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la producción editorial galega.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.4.

Nome: directorio de cines e teatros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-lo número de salas comerciais e non comerciais que funcionan en Galicia e o aforo de cada unha delas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.5.

Nome: directorio de fundacións e entidades de iniciativa social.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-lo número, a estructura e as características destas institucións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.4.6.

Nome: carné xove.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.7.

Nome: actividades deportivas da poboación galega.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-los hábitos deportivos da poboación galega.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.4.8.

Nome: censo de instalacións deportivas.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-la localización e as características das instalacións deportivas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.4.9.

Nome: directorio de federacións e clubs deportivos.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-lo número, a localización e as características das federacións e clubs deportivos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 2.5. Estatísticas da Administración de xustiza.

2.5.1.

Nome: estudio da asistencia xurídica gratuíta.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Obxectivo: coñece-la demanda de asistencia xurídica gratuíta existente en Galicia, as pretensións dos solicitantes, os procedementos que hai que seguir e a orde xurisdiccional á que corresponden.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 2.6. Estatísticas do mercado de traballo

2.6.1.

Nome: mercado de traballo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar información de síntese sobre múltiples aspectos do panorama sociolaboral galego: emprego, relacións laborais, protección social e salarios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.2.

Nome: enquisa de poboación activa.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a enquisa de poboación activa (EPA) en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.3.

Nome: proxeccións de taxas de actividade.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estima-las taxas de actividade no futuro mercado laboral.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.4.

Nome: tendencias do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la evolución do emprego en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.5.

Nome: rexistro de contratos laborais.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número e a tipoloxía dos contratos de traballo rexistrados polo Servicio Público de Emprego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.6.6.

Nome: afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las variacións das afiliacións á Seguridade Social.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.7.

Nome: informe do paro rexistrado.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la situación do paro rexistrado na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.8.

Nome: regulación do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número de traballadores afectados por medidas de regulación de emprego en Galicia e as causas polas que se presentaron os expedientes.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.9.

Nome: conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as conciliacións individuais e colectivas levadas a cabo en Galicia por motivo de despedimentos, reclamacións de cantidade e outros motivos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.10.

Nome: folgas e peches patronais.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.11.

Nome: sancións e demais actuacións públicas en materia laboral.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as actas de infraccións estendidas pola Inspección de Traballo en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.12.

Nome: sinistralidade laboral.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das multas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.13.

Nome: eleccións sindicais.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñecer de xeito detallado os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.14.

Nome: estatísticas de pensións e outras prestacións.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2.6.15.

Nome: estatística de persoal e salarios nas administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los efectivos das administracións públicas de Galicia e os salarios pagados por estas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.16.

Nome: directorio de centros de traballo.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura, as características e a localización dos centros de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.17.

Nome: economía social.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura, as características e a localización das cooperativas e sociedades laborais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.18.

Nome: directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Obxectivo: coñece-lo número, as características e a localización destas dependencias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

2.6.19.

Nome: directorio de escolas obradoiro e casas de oficios.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número e as características deste tipo de centros e do seu alumnado.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2.6.20.

Nome: directorio de técnicos locais de emprego.

Organismo responsable: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la relación e funcións de tódolos técnicos, axentes de emprego e persoal das unidades de formación e desenvolvemento (UFD).

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3. Área de estatísticas económicas.

Sección 3.1. Conxuntura económica.

3.1.1.

Nome: banco de series.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.1.2.

Nome: contabilidade trimestral.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: proporcionar unha descrición cuantitativa coherente do conxunto da actividade económica galega no pasado inmediato mediante un cadro macroeconómico trimestral elaborado desde a óptica da oferta e a demanda.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.1.3.

Nome: modelos de previsión socioeconómica.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estima-la evolución anual dos principais agregados da actividade socioeconómica de Galicia mediante técnicas econométricas que permitan coñece-lo seu crecemento, a súa evolución tendencial e o seu perfil cíclico.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.2. Estatísticas das contas económicas.

3.2.2.

Nome: contas económicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: analizar e avalia-la estructura da economía galega no seu conxunto e por ramas de actividade económica.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.2.3.

Nome: macromagnitudes agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: estima-la valoración das produccións agrarias en metodoloxía FAO ou SEC e analiza-la evolución provincial e autonómica da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.2.4.

Nome: macromagnitudes da pesca.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da pesca en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.5.

Nome: macromagnitudes da industria.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da industria en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.6.

Nome: macromagnitudes das administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la actividade económica das administracións públicas en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.7.

Nome: macromagnitudes dos servicios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes dos servicios en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.2.8.

Nome: contas satélite.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: satisfacer necesidades específicas de información relativas a diversas materias por decidir (turismo, ambiente, educación, sanidade, deportes...).

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo longo.

Sección 3.3. Estatísticas de actividades empresariais.

3.3.1.

Nome: directorio de empresas e unidades locais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: servir de fonte de información nas estatísticas empresariais e nos estudios e análises económicas e proporcionar un marco de referencia para a realización de enquisas por mostraxe e elevación de datos.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.3.2.

Nome: eficacia empresarial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar indicadores de eficacia que permitan o coñecemento da evolución conxuntural do tecido empresarial galego.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.3.3.

Nome: enquisa de servicios ás empresas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector servicios ás empresas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

Sección 3.4. Estatísticas comerciais.

3.4.1.

Nome: comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: cuantificar e analiza-los fluxos de mercadorías de Galicia coa Unión Europea e con terceiros países.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.4.3.

Nome: índices de valor unitario para o comercio exterior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: segui-la evolución do valor, os prezos e o volume de exportacións e importacións en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.4.4.

Nome: fluxos de investimento estranxeiro directo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: obter información sobre as características e a distribución dos investimentos estranxeiros en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.4.5.

Nome: estructura do comercio.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas das empresas e unidades locais comerciais de Galicia.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.4.6.

Nome: enquisa de comercio interior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector comercio.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.4.7.

Nome: índices de vendas de comercio retallista.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución temporal das vendas no comercio retallista.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 3.5 Estatísticas agrarias e pesqueiras.

3.5.1.

Nome: explotación do rexistro de gando bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: analiza-lo volume, a composición e a evolución no tempo da gandería galega de bovino.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.2.

Nome: enquisa de bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: investiga-las principais características estructurais e de actividade do subsector lácteo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.3.

Nome: prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución das vendas, dos gastos e dos prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.4.

Nome: estatística de sacrificio de gando en matadoiros.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: obte-los datos mensuais de sacrificio de gando (número de reses e peso canal total -por tipoloxías e categorías) dunha mostra de matadoiros, así como unha recompilación anual do sacrificio en tódolos matadoiros da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.5.

Nome: prezos agrarios.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: estima-los principais valores dos prezos agrarios percibidos e pagados polos agricultores na nosa Comunidade Autónoma, desagregados por provincias segundo as especificacións sinaladas ó respecto.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.6.

Nome: prezos da terra.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: estima-la valoración das diferentes categorías e especificacións da terra e analiza-la evolución provincial e rexional do prezo da terra.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.7.

Nome: censo de maquinaria agraria.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: determina-lo censo de maquinaria agraria en uso por provincias, tipoloxías e categorías.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.8.

Nome: avance de superficies e produccións agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: obter unha estimación das superficies sementadas ou plantadas e das produccións previstas para determinados cultivos asignados polo MAPA a cada provincia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.5.9.

Nome: rendementos de cultivos.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: obte-los rendementos dos cultivos que teñen maior incidencia na renda agraria galega.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.10.

Nome: directorio avícola.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: dispoñer dun directorio avícola actualizado.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.11.

Nome: enquisa do subsector avícola.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: estudio, en profundidade, do subsector avícola (tanto ovos como carne).

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.12.

Nome: sector hortoflorícola.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: obter un directorio actualizado das explotacións galegas de horta e flor baixo cuberta de máis de 500 m así como as variables técnico-económicas delas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.13.

Nome: características básicas do subsector ovino-cabrún.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: coñecer e cuantifica-las características básicas deste subsector gandeiro.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.17.

Nome: anuario de estatística agraria.

Organismo responsable: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Obxectivo: recompilar e difundi-la información estatística agraria máis salientable obtida a través das operacións realizadas ó longo do ano en curso.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.18.

Nome: censo da flota pesqueira.

Organismo responsable: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Obxectivo: coñece-la relación das embarcacións de pesca, marisqueo e acuicultura con porto base en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.19.

Nome: estatística de vendas en primeira comercialización.

Organismo responsable: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Obxectivo: agrega-los fluxos de vendas de peixe nas lonxas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.20.

Nome: directorio de instalacións de producción para a acuicultura.

Organismo responsable: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de acuicultura.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.5.21.

Nome: estatística de producción de acuicultura mariña.

Organismo responsable: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Obxectivo: coñece-la producción das especies mariñas producidas con técnicas de acuicultura.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.5.22.

Nome: anuario de pesca.

Organismo responsable: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Obxectivo: recompila-las estatísticas socioeconómicas do sector pesqueiro galego.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.6. Estatísticas industriais.

3.6.2.

Nome: estructura industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características básicas das empresas e unidades locais industriais de Galicia.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3.6.3.

Nome: índice de producción industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: medi-la evolución do VEB xerado polas ramas industriais de Galicia, agás a construcción, mediante a elaboración de indicadores da súa evolución mensual.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.6.4.

Nome: índice de prezos industriais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución dos prezos industriais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.6.5.

Nome: producción mineira.

Organismo responsable: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Obxectivo: analiza-la evolución da distribución e dimensión das empresas mineiras e obter información sobre a producción no subsector da minería.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.6.6.

Nome: balance enerxético de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Obxectivo: coñecer e analiza-la distribución da producción e do consumo de enerxía en Galicia, así como das distintas transformacións desde enerxía primaria ata o seu consumo e a súa exportación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.7. Estatísticas da construcción.

3.7.1.

Nome: estatística de edificación e vivenda.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñecer e anticipa-la evolución da actividade do subsector dedicado á construcción e rehabilitación de edificios residenciais e non residenciais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 3.9 Estatísticas turísticas.

3.9.1.

Nome: directorio de aloxamentos hoteleiros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos aloxamentos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.2.

Nome: directorio de casas de turismo rural.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de turismo rural en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.3.

Nome: directorio de cámpings.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos campamentos de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.4.

Nome: directorio de axencias de viaxe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo das axencias de viaxe de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.5.

Nome: directorio de cafeterías.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de cafeterías.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.6.

Nome: directorio de restaurantes das localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Vigo, Baiona, Sanxenxo e O Grove.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos restaurantes situados nas citadas cidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.7.

Nome: análise de establecementos turísticos non regulamentados (cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas).

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-las características deste tipo de establecementos e os datos de emprego neles.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.8.

Nome: directorio de guías de turismo especializados.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos guías de turismo especializados de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.9.

Nome: análise estatística sobre o turismo. Enquisa en orixe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: cuantifica-lo número de turistas que recibe Galicia ó longo do ano e obter datos sobre os ingresos xerados polo turismo durante o ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.10.

Nome: análise estatística sobre o turismo. Enquisa en destino.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la evolución do perfil do turista que visita Galicia e determinar en números relativos a distribución do gasto e a súa evolución, así como concreta-lo gasto medio/día por turista.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.9.11.

Nome: enquisa continua de ocupación hoteleira.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da ocupación nos establecementos hoteleiros.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.12.

Nome: estatística de ocupación no turismo rural.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da ocupación nos establecementos de turismo rural.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.13.

Nome: estatística do gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: avalia-lo gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.9.14.

Nome: expectativas hoteleiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: avalia-las expectativas dentro do subsector hoteleiro.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Sección 3.10. Estatísticas das administracións públicas.

3.10.2.

Nome: informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: divulga-lo estado de execución do orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.10.3.

Nome: recadación por tributos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3.10.4.

Nome: recadación de tributos propios e cedidos.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: recompilar datos recadatorios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3.10.7.

Nome: resultados electorais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados das consultas electorais realizadas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Sección 3.11. Estatísticas de investigación e desenvolvemento.

4. Área de estatísticas ambientais.

4.0.1.

Nome: niveis polínicos atmosféricos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: medi-los niveis de pole na atmosfera.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.2.

Nome: climatoloxía ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-los datos climatolóxicos significativos de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.3.

Nome: calidade do aire.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo nivel de contaminantes na atmosfera.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.4.

Nome: actuacións de educación ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: organizar actividades de divulgación e difusión ambiental.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.5.

Nome: incendios forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo número de incendios forestais en Galicia e a superficie afectada por eles, as especies arbóreas afectadas e a superficie queimada delas en cada un dos incendios forestais, a propiedade legal de cada un dos montes afectados, así como a valoración de perdas económicas, tempos e resultados das actuacións contra os incendios.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

4.0.7.

Nome: seguimento de prezos de productos forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-las fluctuacións de prezos da madeira ó longo da súa cadea de comercialización así como a formación de valor engadido no proceso.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.8.

Nome: produccións forestais e a súa industrialización.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-las produccións anuais forestais do monte galego e avalia-lo seu grao de industrialización.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.9.

Nome: directorio de montes veciñais en man común.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos montes veciñais en man común clasificados na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.10.

Nome: rexistro e licencias do medio natural.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: dispoñer de información numérica obtida dos rexistros administrativos con base nas actividades e actuacións no medio natural.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.11.

Nome: rexistro de espacios naturais protexidos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: valora-lo nivel de protección ambiental establecido na Comunidade Autónoma galega.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4.0.12.

Nome: protección ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo número de actuacións de protección do ambiente en Galicia e de aseguramento dun uso racional dos recursos naturais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4.0.13.

Nome: residuos e solos contaminados.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo nivel de xestión integral dos residuos urbanos e industriais en Galicia, así como da recuperación de solos contaminados.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

ANEXO II

Metas instrumentais recollidas na Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e incluídas no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004

Área 1. Difusión estatística.

1.1. Establecemento dun sistema integrado de difusión para o sistema estatístico de Galicia.

-Unificación de metodoloxías, notas explicativas, comunicados, fichas técnicas, artigos, folletos e táboas na páxina web do IGE.

-Realización dun banco de datos.

1.2. Elaboración e difusión de productos de síntese.

-Galicia en cifras. Anuario 2003.

-Datos estatísticos básicos de Galicia 2004.

1.3 Renovación dos mecanismos de difusión da información.

-Consolida-la difusión da información estatística do IGE en folletos de imprenta a cor.

1.4. Acceso fácil á información para os usuarios.

-Reestructuración e modernización da web do IGE.

1.5. Posta á disposición dos usuarios de fondos bibliográficos e documentais en materia estatística con referencia a Galicia.

-Adquisición de fondos bibliográficos segundo a demanda.

1.6 Propiciación do uso da información estatística en tódolos niveis.

-Elaboración do Catálogo de publicacións e documentos estatísticos. Ano 2004.

-Elaboración da Axenda de publicacións e documentos estatísticos. Ano 2004.

-Elaboración do boletín de actualidade estatística.

Área 2. Formación especializada e perfeccionamento profesional.

2.1. Contribución ó perfeccionamento profesional do persoal do sistema estatístico de Galicia.

-Impartición de polo menos tres cursos para o persoal que desenvolva funcións estatísticas no IGE e nas consellerías.

-Desenvolvemento de polo menos unha actividade de formación sobre as principais ferramentas informáticas para o tratamento da información estatística.

-Asistencia a cursos de formación convocados polo INE, órganos estatísticos das comunidades autónomas, Eurostat ou calquera outro organismo.

2.2. Fomento da formación especializada en estatística.

-Desenvolvemento de polo menos un curso teórico-práctico sobre a estatística oficial e sobre o tratamento estatístico coa folla de cálculo excel, dirixido ó persoal de calquera administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Desenvolvemento de polo menos un curso teórico-práctico sobre as ferramentas estatísticas básicas de aplicación na docencia para a formación do persoal do sistema educativo (ensinantes do ensino secundario obrigatorio e bacharelato) en convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Desenvolvemento dun curso sobre o sistema estatístico público e as fontes estatísticas para a formación dos estudiantes do último curso de carreira, ó abeiro dun convenio coas universidades.

-Desenvolvemento dunha xornada dirixida ós profesionais dos medios de comunicación co obxecto de dar a coñece-la terminoloxía, conceptos e análises estatísticas, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela.

2.3. Incentivo da formación de novos profesionais en estatística pública.

-Financiamento e colaboración na impartición de mestrados de estatística pública aplicada, curso 2004-2005, convocados polas universidades galegas.

-Xestión do programa de bolsas de formación.

Área 3. Investigación estatística.

3.1. Fomento da investigación estatística en temas de interese para Galicia.

-Sinatura de, polo menos, un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento metodolóxico necesario para a estimación de variables macroeconómicas que presenten dificultades ou distintas posibilidades, encamiñado á obtención dun

cadro macroeconómico galego a prezos correntes e constantes que permita unha previsión a curto prazo.

Área 4. Normalización, homoxeneidade e comparabilidade da información.

4.1. Normalización da documentación das actividades estatísticas.

-Proxectos técnicos básicos das actividades estatísticas Contabilidade trimestral e Estatística de ocupación no turismo rural.

4.3. Homoxeneización dos conceptos e das definicións utilizados nas actividades estatísticas.

-Propoñer ó grupo de traballo creado no seo do Consello Galego de Estatística as actuacións necesarias para garanti-los requisitos técnicos que deben cumpri-las actividades estatísticas incluídas nos programas estatísticos anuais.

4.4. Establecemento dun sistema de directorios de utilidade estatística.

-Estudio das características dos distintos rexistros administrativos propiedade das consellerías para valora-lo seu uso como fonte de información estatística.

4.5. Normalización da utilización de códigos, nomenclaturas e clasificacións en materia estatística.

-Participación no grupo de traballo CNAE-CNPA para a operación 2007 de cambio de estructura da Clasificación Nacional de Actividades Económicas.

Área 5. Estructuración informática do sistema estatístico e desenvolvemento de sistemas de información.

5.2. Incorporación das novas tecnoloxías e ferramentas informáticas á estatística.

-Incorporación de mapas en formato SVG como forma de representación de información municipal na web do IGE.

5.4. Contribuír ó desenvolvemento e mantemento de sistemas de información.

-Desenvolvemento dunha aplicación de base de datos territorial.

-Desenvolvemento de aplicacións para 13 áreas de datos estatísticos.

Área 6. Referenciación territorial da información estatística.

6.1. Establecemento dos niveis de referenciación territorial das actividades estatísticas.

-Determinar para cada unha das actividades estatísticas de producción propia do IGE do nivel de desagregación territorial no que se van difundi-los resultados, analizando a posibilidade de ofrece-la información cunha maior desagregación, tendo en conta o custo que supón, a dispoñibilidade de fontes de información.

6.2. Utilización dos sistemas de información xeográfica.

-Utilización dos sistemas de información xeográfica para a representación dos datos municipais e comarcais en mapas temáticos e presentación na web do IGE.