Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.840

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 3.1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: Arteixo.

Código do centro: 15032145.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 3.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Pastoriza.