Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.841

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de novembro de 2003 pola que se convoca o II Premio Galicia Innovación Júnior.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dá resposta á necesidade de adecua-lo noso sistema educativo a unha sociedade en acelerado proceso de modernización, con continuos cambios culturais, tecnolóxicos e productivos, que camiña cara a un horizonte común para Europa.

O desenvolvemento científico e tecnolóxico é un dos factores de maior influencia na configuración do mundo contemporáneo. Nesta liña, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, está a impulsar actividades mediante as que se intenta divulgar e facilita-la comprensión do que significa este desenvolvemento.

Entre estas actuacións e dentro do Programa de Sensibilización Social do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de marzo de 2002, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio convocou e entregou por primeira vez no ano 2002 un premio orientado ós mozos galegos co fin de fomenta-lo espírito creativo coa súa capacidade innovadora.

En consecuencia co anteriormente exposto e co fin de continuar con esta actuación, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócase a segunda edición do Premio Galicia Innovación Júnior, para os mozos e mozas galegos de entre 14 e 18 anos de idade. Este premio está destinado a estimula-lo espírito creativo e a capacidade innovadora, valorando especialmente a aplicación de coñecementos adquiridos polos participantes na súa vida académica. Serán criterios de selección, a maiores, a orixinalidade das propostas, a súa utilidade e as posibilidades reais de levalas á práctica.

Artigo 2º.-Dotación.

Haberá un primeiro e un segundo premio, dotados o primeiro cun ordenador portátil e unha conexión a Internet vía ADSL por un ano, e o segundo cun ordenador portátil. A maiores, concederanse 15 accésits consistentes nunha conexión a Internet vía ADSL por un ano. Por outra parte, os centros educativos nos que estean matriculados os gañadores do primeiro e do segundo premio recibirán un ordenador con conexión gratuíta a Internet por un ano, sempre que se acredite que o alumno foi asistido polo equipo docente do centro na elaboración da súa proposta. Os gastos relativos ás accións desta convocatoria, que ascenden a un máximo 14.400 A, imputaranse ás aplicacións orzamentarias 08.03.432 A.770.0 (6.600 euros para a adquisición dos equipos) e 08.05.432A.480.0 cofinanciada con fondos FSE da Unión Europea (7.800 euros para as liñas ADSL), dos orzamentos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio para o ano 2004.

Artigo 3º.-Requisitos.

Poderán participar nesta convocatoria tódolos rapaces e rapazas galegos ou residentes en Galicia de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Serán admitidas tamén as solicitudes presentadas por alumnos matriculados no último curso de secundaria que teñan cumpridos os 19 anos no momento do peche da convocatoria, que só poderán participar se acreditan estar recibindo docencia nun centro da Comunidade Autónoma galega. Admitiranse un máximo de dúas propostas por participante.

Artigo 4º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial PSS-06 que se publica como anexo á presente orde e que está á

disposición dos interesados/as, na Internet, no enderezo: http://www.dxid.org., presentaranse, dirixidas ó director xeral de Investigación e Desenvolvemento, no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O procedemento que se xunta á convocatoria deste premio consta de dúas fases. Para participar na primeira delas, a de preselección, as solicitudes realizadas no modelo oficial anexo a esta convocatoria deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Declaración xurada de cumprimento dos requisitos estipulados no artigo 3º desta convocatoria. No caso de ser seleccionado para o premio, o solicitante deberá achegar copia cotexada da partida de nacemento, do certificado de empadroamento ou do libro de familia, co fin de acredita-lo cumprimento dos ditos requisitos.

-Copia do documento nacional de identidade (DNI/NIF) do participante e, se é o caso, do docente ou docentes que o asistisen na elaboración da proposta, ademais da certificación pertinente de que pertencen ó cadro de persoal do centro educativo no que imparten clases.

-Memoria na que proxecten e desenvolvan unha idea que se traduza nun novo producto, nun novo servicio ou ben nunha maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente (7 copias). Deberán describi-lo producto, servicio ou proceso, argumentando a quen vai dirixido, a súa utilidade e a maneira de levar a cabo o que se proxecta.

As propostas deberán redactarse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

O prazo de presentación de traballos para esta primeira fase remata o 31 de xaneiro 2004.

A segunda fase iniciarase o 29 de febreiro coa publicación, na páxina web: www.dxid.org dos 17 traballos preseleccionados polo xurado, entre os que posteriormente se repartirán os dous primeiros premios e os 15 accésits. A partir dese momento, os titulares dos traballos preseleccionados terán un mes de prazo (ata o 31 de marzo) para presenta-lo desenvolvemento da idea exposta na primeira fase do concurso a través dun bosquexo, maqueta, plano e/ou debuxo. O xurado procederá entón á selección final dos gañadores.

Artigo 5º.-Composición e funcións do xurado.

1. Os traballos presentados e que se axusten a esta convocatoria serán examinados e avaliados por un xurado presidido polo director xeral de Inves

tigación e Desenvolvemento ou persoa en quen delegue, e do que formarán parte seis vocais:

-Un designado pola Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

-Cinco designados pola Dirección Xeral de I+D dos cales:

-Catro serán catedráticos de educación secundaria.

-Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario designado pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

2. A decisión do xurado será inapelable.

Artigo 6º.-Retirada da documentación.

As persoas responsables dos traballos ou os seus representantes legais poderán retira-los traballos non premiados nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no prazo de 60 días contados a partir da resolución do xurado correspondente.

Artigo 7º.-Entrega dos premios.

Os premios entregaranse en acto público que se anunciará oportunamente.

Artigo 8º

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, poderá, á súa libre elección, divulga-los proxectos premiados, sen que isto supoña cesión ou limitación nos dereitos de propiedade do autor sobre estes.

Artigo 9º

A convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos derivados dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10º

Para os efectos establecidos nos artigos 42.2º e 43.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes será de 6 meses, contados desde a data de publicación desta convocatoria, dictándose resolución expresa con respecto á antedita liña de axudas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A participación na convocatoria supón a aceptación de tódalas súas bases.

Segunda.-Esta convocatoria tramítase polo procedemento de gastos anticipados ó abeiro do estable

cido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 (DOG do 29 de novembro) e do 25 de outubro de 2001 (DOG do 29 de outubro) pola que se regula a tramitación anticipada de gastos, quedando condicionada a adxudicación definitiva a

existencia de crédito adecuado e suficiente nas aplicacións orzamentarias citadas dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2004.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio