Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo ó Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 16 de outubro de 2003, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado relativos ó rexistro de confrarías e das súas federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria, e unha derradeira (61 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións no folio 12 do libro 1º, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro