Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1301/2003).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 20 de novembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle do API-05-O, promovido por Celso Carid Rial en representación de Promocións Drinco, S.L. coas seguintes condicións:

1. Os peticionarios deberanse comprometer, en comparecencia pública a asumi-la demolición e posterior reconstrucción total da vía existente da rúa do Muíño dentro do ámbito de actuación.

2. O Concello asumirá o mantemento e conservación das zonas verdes unha vez recibidas as obras de urbanización comprometéndose os peticionarios, tamén en comparecencia pública, a responsabilizar

se das posibles filtracións e humidades os locais comerciais baixo rasante da praza que puideran xurdir das zonas verdes, obriga que deberá facer constar en calquera acto de transmisión da propiedade ou de constitución dos dereitos reais sobre os ditos locais.

2. De conformidade co establecido no artigo 86 de Galicia da Lei 9/2002, sometelo a información pública durante vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de novembro de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde presidente