Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial de estudio de detalle na avenida Sada e os seus contornos.

Mediante Decreto da Alcaldía de Sada 651/2003, do 24 de novembro aprobouse inicialmente o estudio de detalle para o reaxuste dunha alineación na Avenida de Sada e os seus contornos, redactado polo arquitecto Ángel Monteoliva Díaz.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan ser formuladas as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Sada, 24 de novembro de 2003.

Abel López Soto

Alcalde