Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003 pola que se modifica a Resolución do 16 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 22 de outubro) pola que se adxudicaron as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Alimentación convocadas no anexo II, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para

a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo II, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Alimentación.

Por Resolución do 16 de outubro de 2003 adxudicáronse as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Alimentación convocadas no anexo II, da Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo).

A Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) pola que se modifican as bases e se pro

cede á convocatoria para o ano 2003 das axudas correspondentes ó mencionado programa sectorial, establece no seu punto primeiro que os créditos asignados poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades deles.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), e, tendo coñecemento e existindo remanentes de crédito, unha vez resoltas tódalas convocatorias dos programas sectoriais correspondentes ó ano 2003, por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la distribución da axudas concedidas na Resolución do 16 de outubro de 2003 (DOG do 22 de outubro) ós proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indican no anexo I desta resolución.

Segundo.-Incrementa-la axuda concedida na Resolución do 16 de outubro de 2003 (DOG do 22 de outubro) ó proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indica no anexo II desta resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Distribución inicial das axudas

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

EXP.SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN ORZAMENTARIATÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

33FRINOVA, S.A.PGIDIT03TAL11E08.05.432A.770.00OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE CORTA DE BLOQUES DE PESCADO ULTRACONXELADO. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE DIFERENTES TÉCNICAS DE CORTA ALTERNATIVAS33.5007.00012.25012.25035.0005267.000

16LEMA Y BANDÍN

LABORATORIOS

PGIDIT03TAL17E08.05.432A.770.00DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO PARA A DETERMINACIÓN DE HIDROCARBUROS AROMÁTICOS POLICÍCLICOS EN PRODUCTOS DA PESCA PROCEDENTES DE GALICIA PARA O ASEGURAMENTO DA CALIDADE DESPOIS DO ACCIDENTE DO PRESTIGE24.94212.18513.760030.8875160.074

22TANFRESCO, S.L.PGIDIT03TAL24E08.05.432A.770.00CALIDADE MICROBIOLÓXICA DE PRODUCTOS PASTEURIZADOS MARIÑOS E CARACTERIZACIÓN DOS SEUS INDICADORES171.67430.71700102.39140255.763

Nova distribución das axudas

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

EXP.SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN ORZAMENTARIATÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

33FRINOVA, S.A.PGIDIT03TAL11E08.05.432A.770.00OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE CORTA DE BLOQUES DE PESCADO ULTRACONXELADO. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE DIFERENTES TÉCNICAS DE CORTA ALTERNATIVAS29.38010.41315.207035.0005267.000

16LEMA Y BANDÍN

LABORATORIOS

PGIDIT03TAL17E08.05.432A.770.00DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO PARA A DETERMINACIÓN DE HIDROCARBUROS AROMÁTICOS POLICÍCLICOS EN PRODUCTOS DA PESCA PROCEDENTES DE GALICIA PARA O ASEGURAMENTO DA CALIDADE DESPOIS DO ACCIDENTE DO PRESTIGE110.71020.1770030.8875160.074

22TANFRESCO, S.L.PGIDIT03TAL24E08.05.432A.770.00CALIDADE MICROBIOLÓXICA DE PRODUCTOS PASTEURIZADOS MARIÑOS E CARACTERIZACIÓN DOS SEUS INDICADORES224.00025.39153.0000102.39140255.763

ANEXO II

Distribución inicial das axudas

EXP.SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN ORZAMENTARIATÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

18LEITE RÍO, S.L.PGIDIT03TAL16E08.05.432A.770.00DESENVOLVEMENTO DUNHA GAMA DE PRODUCTOS LÁCTEOS ENRIQUECIDOS EN CALCIO31.2222.4434.2764.27512.2162354.228

Nova distribución da axuda

EXP.SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN ORZAMENTARIATÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

18LEITE RÍO, S.L.PGIDIT03TAL16E08.05.432A.770.00DESENVOLVEMENTO DUNHA GAMA DE PRODUCTOS LÁCTEOS ENRIQUECIDOS EN CALCIO316.1192.4434.2764.27527.1135054.228