Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 29 de outubro) pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial convocadas no anexo VII, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo VII a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial.

Por Resolución do 22 de outubro de 2003 adxudicáronse as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial convocadas no anexo VII da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo).

A Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) pola que se modifican as bases e se procede á convocatoria para o ano 2003 das axudas correspondentes ó mencionado programa sectorial, establece no seu punto primeiro que os créditos asignados poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades deles.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), e, tendo coñecemento e existindo remanentes de crédito, unha vez resoltas tódalas convocatorias dos programas sectoriais correspondentes ó ano 2003, por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Incrementa-la axudas concedidas na Resolución do 22 de outubro de 2003 (DOG do 29 de outubro) ós proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indican no anexo I da presente resolución.

Segundo.-Modifica-la distribución da axuda concedida na Resolución do 22 de outubro de 2003 (DOG do 29 de outubro) ó proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indica no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-Concede-la axuda para a realización do proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro que se indica no anexo III, ampliando así as axudas concedidas por Resolución do 22 de outubro (DOG do 29 de outubro).

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Distribución inicial das axudas

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO

2003

ANO

2004

ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

CENTRO TECNOLÓGICO DE GRUPO COPO, S.L.PGIDIT03DPI014EINVESTIGACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DUN NOVO CONCEPTO DE CONSTRUCCIÓN DE MOLDES PARA ESCUMACIÓN116.72112.4650029.18623129.498

CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE, S.A.PGIDIT03DPI016ESISTEMA PARA A RECOLLIDA DE HIDROCARBUROS NO MAR3105.010129.511195.318270.225700.064302.333.546

DALPHI METAL ESPAÑA, S.A.PGIDIT03DPI023EINVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE PROTECCIÓN NUN IMPACTO FRONTAL: AIRBAG DE DÚAS PRAZAS233.10336.74753.6700123.52034359.725

DRAKA CABLES INDUSTRIAL, S.A.PGIDIT03DPI032EANÁLISE DE NECESIDADES E DESENVOLVEMENTO DE ARQUITECTURAS ELÉCTRICAS EFICIENTES EN AUTOMÓBILES ANTE AS NOVAS ESIXENCIAS TÉCNICAS E AMBIENTAIS DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN COMO CONSECUENCIA DA IMPLANTACIÓN DA NOVA TECNOLOXÍA DE 42V357.77847.04470.94878.523254.29337689.925

INDUSTRIAS GUERRA, S.A.PGIDIT03DPI070EDESEÑO E FABRICACIÓN DE MÁQUINA PROCESADORA19.0216.7250015.7462080.555

MOLLERTECH OURENSE, S.L.

(SUBPROXECTO MOLLERTECH

OURENSE, S.L.)

PGIDIT03DPI086EMOLDE DE SOBRE-INXECCIÓN CON CORTE TECIDO NO MOLDE33.4174.2146.3558.79222.77821110.020

PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, S.A.PGIDIT03DPI097EINNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS APLICADAS A UN PROCESO PRODUCTIVO DUNHA LIÑA DE ESTAMPACIÓN BI-MATERIA394.950117.105176.607244.338633.000513.339.000

SIDERÚRGICA AÑÓN, S.A.PGIDIT03DPI106EOPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE FABRICACIÓN DE BARRAS CORRUGADAS DE ACEIRO SOLDABLE CON CARACTERÍSTICAS DE DUCTIBILIDADE MELLORADAS PARA ARMADURA DE FORMIGÓN, DE CALIDADE B500SD DE ACORDO COA NORMA UNE 36065 EX251.91257.62784.1640193.70352374.374

(1) AS AXUDAS SINALADAS CUN 1 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS ADICIONAIS DO PROGRAMA FEDER-MAC INCLUIDOS NO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE GALICIA.

(2) AS AXUDAS SINALADAS CUN 2 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS DO PROGRAMA FEDER-MAC.

Nova distribución das axudas

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULOANOSANO

2003

ANO

2004

ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

CENTRO TECNOLÓGICO DE GRUPO COPOPGIDIT03DPI014EINVESTIGACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DUN NOVO CONCEPTO DE CONSTRUCCIÓN DE MOLDES PARA ESCUMACIÓN152.28412.4650064.74950129.498

CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE, S.A.PGIDIT03DPI016ESISTEMA PARA A RECOLLIDA DE HIDROCARBUROS NO MAR3205.010129.511195.318270.225800.064342.333.546

DALPHI METAL ESPAÑA, S.A.PGIDIT03DPI023EINVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE PROTECCIÓN NUN IMPACTO FRONTAL: AIRBAG DE DÚAS PRAZAS289.44536.74753.6700179.86250359.725

DRAKA CABLES INDUSTRIAL, S.A.PGIDIT03DPI032EANÁLISE DE NECESIDADES E DESENVOLVEMENTO DE ARQUITECTURAS ELÉCTRICAS EFICIENTES EN AUTOMÓBILES ANTE AS NOVAS ESIXENCIAS TÉCNICAS E AMBIENTAIS DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN COMO CONSECUENCIA DA IMPLANTACIÓN DA NOVA TECNOLOXÍA DE 42V3148.44747.04470.94878.523344.96250689.925

INDUSTRIAS GUERRA, S.A.PGIDIT03DPI070EDESEÑO E FABRICACIÓN DE MÁQUINA PROCESADORA119.1786.7250025.9033280.555

MOLLERTECH OURENSE, S.L.

(SUBPROXECTO MOLLERTECH

OURENSE, S.L.)

PGIDIT03DPI086EMOLDE DE SOBRE-INXECCIÓN CON CORTE TECIDO NO MOLDE335.6494.2146.3558.79255.01050110.020

PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, S.A.PGIDIT03DPI097EINNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS APLICADAS A UN PROCESO PRODUCTIVO DUNHA LIÑA DE ESTAMPACIÓN BI-MATERIA3194.950117.105176.607244.338733.000513.339.000

SIDERÚRGICA AÑÓN, S.A.PGIDIT03DPI106EOPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE FABRICACIÓN DE BARRAS CORRUGADAS DE ACEIRO SOLDABLE CON CARACTERÍSTICAS DE DUCTIBILIDADE MELLORADAS PARA ARMADURA DE FORMIGÓN, DE CALIDADE B500SD DE ACORDO COA NORMA UNE 36065 EX2120.27157.62784.1640262.06270374.374

(1) AS AXUDAS SINALADAS CUN 1 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS ADICIONAIS DO PROGRAMA FEDER-MAC INCLUIDOS NO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE GALICIA.

(2) AS AXUDAS SINALADAS CUN 2 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS DO PROGRAMA FEDER-MAC.

ANEXO II

Distribución inicial da axuda

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO

2003

ANO

2004

ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

BIOSEATECH, S.L.PGIDIT03DPI009ESISTEMA MULTIPLEXADOR DE SONDAS PARA MEDICIÓN DE PARÁMETROS DE AUGA140.69400040.69440103.000

Nova distribución da axuda

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO

2003

ANO

2004

ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

BIOSEATECH, S.L.PGIDIT03DPI009ESISTEMA MULTIPLEXADOR DE SONDAS PARA MEDICIÓN DE PARÁMETROS DE AUGA113.82826.8660040.69440103.000

ANEXO III

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO

2003

ANO

2004

ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCED.PORC. SUBV.TOTAL PROXEC.

COMPONENTES DE VEHÍCULOS DE GALICIA, S.A.PGIDIT03DPI117EOPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE TERMOCONFORMADO DE MOQUETAS E GORNECIDOS PARA VEHÍCULOS DE AUTOMOCIÓN. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE FERRAMENTAS INFORMÁTICAS ORIENTADAS A SIMULACIÓN DO PROCESO DE AUTOCONFORMADO284.00050.00047.7200181.72070259.600

Anualidade 2003: aplicación orzamentaria 08.03.432A.770.0

Anualidades 2004 e 2005: aplicación orzamentaria 08.05.432A.770.0