Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A., con nº de código 3601852, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-10-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 2-10-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1992, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Pez Austral, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo terá aplicación no centro de traballo Pez Austral, S.A. sito na Travesía de Bouzas, Servicios Portuarios nº 22, Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectaralle a totalidade do persoal existente no cadro de persoal no momento do asinamento, no centro indicado no artigo 1º, así como o persoal que posteriormente se incorpore ó cadro de persoal da empresa.

O persoal directivo quedará exceptuado da aplicación deste convenio. Defínense como persoal directivo os seguintes cargos:

1. Director de vendas.

2. Director de fabricación.

3. Director de administración.

4. Director de mantemento.

5. Xefe de vendas.

Artigo 3º.-Vixencia do convenio.

Este convenio entra en vigor con data do 1 de xaneiro de 2003 e cun período de duración ata o 31 de decembro de 2003. Con independencia de que calquera das partes denuncie ou non o convenio, este entenderase denunciado automaticamente con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o contido normativo do actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberán e compensarán aquelas melloras que se puidesen establecer por calquera disposición legal vixente en cada momento.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual previas e vixentes á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e afectado por este convenio clasificarase segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato de fixo ou eventual.

Estructura profesional: mentres non se incorpore ó presente convenio unha definición e proxecto de estructura profesional, dentro do concepto de grupo profesional de obreiros, créanse as seguintes categorías, que servirán de base para a ordenación do persoal do departamento de producción a partir da entrada en vigor deste convenio.

Oficial de primeira. É quen, tendo realizada a aprendizaxe coa debida perfección e adecuado rendemento, executa, con iniciativa e responsabilidade, todos ou algúns labores propios del, con productividade e resultados correctos, coñecendo as máquinas, utensilios e ferramentas que teña ó seu cargo para coidar da súa normal eficacia, engraxamento e conservación, poñendo en coñecemento dos seus superiores calquera deterioración que observe e que poida diminuí-la producción.

Oficial de segunda. Integrarán esta categoría os que, sen chegar á perfección esixida para os oficiais de primeira, executan as tarefas antes definidas coa suficiente corrección e eficacia.

Artigo 6º.-Persoal fixo.

Terá carácter de fixo o persoal que se precise de carácter permanente no seu cadro de persoal.

Artigo 7º.-Persoal eventual.

É o que en situacións extraordinarias se contrate por un tempo fixo e para un traballo eventual determinado. A duración do contrato estará en función da duración do traballo para o que foi contratado, observando sempre na súa contratación o disposto no Estatuto dos traballadores e no real decreto polo que fosen contratados, e o seu contrato será rexistrado e selado pola oficina de emprego correspondente.

A partir da entrada en vigor deste convenio e, a teor do previsto no artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores, a duración máxima dos contratos eventuais amparados en circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será de trece meses e medio computados dentro dun período máximo de dezaoito meses.

Artigo 8º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal eventual que estea traballando no cadro, ou que traballase nos tres últimos anos, fixando como criterio fundamental o tempo de maior permanencia na empresa (número de días traballados).

O comité de empresa participará coa empresa no control de contratación, así como nas probas necesarias para a admisión de persoal.

Artigo 9º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal cunha capacidade física ou intelectual que diminuíse por idade e outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio se seguirá cos que se encontren en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 10º.-Condicións xerais sobre ingresos.

A admisión de persoal na empresa acollido a este convenio realizarase en consecuencia ó conseguido neste e na normativa vixente.

Todo o persoal da empresa terá, en igualdade de condicións, dereito de preferencia para cubrir vacantes de ingreso, que naquela se poidan producir, de superiores categorías, aínda que se trate de prazas de distinto grupo profesional.

Artigo 11º.-Normas xerais sobre ascensos.

a) Os ascensos de categoría produciranse tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador.

b) As categorías profesionais e criterios de ascensos na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e outro sexo, sempre que se trate de traballos ou labores iguais e de iguais resultados.

c) A empresa, co comité de empresa, determinará os criterios, normas, requisitos mínimos indispensables das probas de capacitación de acordo coa organización interna da empresa, para cada cargo, fixándose igualmente os méritos e as probas de capacitación a que terá que someterse o persoal.

d) A empresa poderá establecer un período de proba de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

e) O ascenso poderá non ser aceptado polo interesado, tanto no caso de quenda por antigüidade como o de elección.

f) Con independencia do anteriormente exposto, o persoal de novo ingreso, unha vez superado un ano co carácter de fixo de cadro de persoal na categoría de oficial de 2ª, recoñeceráselle e será ascendido automaticamente a oficial de 1ª.

Artigo 12º.-Traballos de superior e inferior categoría.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que corresponda á categoría profesional que tivese recoñecida, por un período superior a catro meses durante un ano e oito meses durante dous anos, pode reclamar perante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

Ante a negativa da empresa, e logo do informe do comité de empresa, pode reclamar perante a xurisdicción competente.

Cando desempeñe funcións de categoría superior, e non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retribuída entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Se, por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade, o empresario precisa destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional e comunicándollelo ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 13º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Será readmitido o persoal solicitante cando este enviase solicitude de reincorporación, polo menos con dous meses de antelación ó vencemento, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Para o suposto da excedencia forzosa, o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento do cargo público.

Artigo 14º.-Vestiarios.

Polas circunstancias do traballo será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúe. En tal caso a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico sanitario deste, oído o comité de seguridade e hixiene da empresa.

En aplicación dos criterios precedentes, o persoal da empresa, en función das tarefas que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario e a súa utilización será de uso exclusivo para traballar nas instalacións do centro de traballo de Pez Austral, S.A.:

Posto: cámaras (carreteiros).

VestiarioCantidadeEntrega/reposición

Traxes de fío1Cadas seis meses

Pantalóns de faena1Cada seis meses

Chaqueta curta de faena1Cada seis meses

Xersei de frío1Cada seis meses

Botas de frío1Cada año

Pares de calcetíns2Cada seis meses

Pares de manoplas1Cada seis meses

Pasamontañas1Cada seis meses

Ó resto do persoal que traballe na zona de cámaras, proveráselle de traxes de faena e chaquetóns de frío, en función das necesidades.

Posto: producción.

VestiarioCantidadeEntrega/reposición

Traxes sanitarios1Cadas seis meses

Par de calzado1Cada año

Cofia1Cada seis meses

Chaleco ou xerseiCada dous anos,

* ou alternativamente1excepto casos

excepcionais

* Suadoiro1Cada ano

Posto: mantemento.

VestuarioCantidadeEntrega/reposición

Pantalóns de faena1Cadas seis meses

Camisas de faena1Cada seis meses

Chaquetas curtas de faena1Cada seis meses

Par de calzado1Cada año

Artigo 15º.-Xornada.

A xornada será de 1.775 horas anuais, computándose o tempo do bocadillo -20 minutos- como traballo efectivo, e de luns a venres, así como naqueles que poidan ser aprobados no futuro.

Artigo 16º.-Horario de oficinas administrativas.

I. Mantense en inverno xornada partida das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas, e no verán xornada intensiva das 8.00 ás 15.00 horas, cubrindo a xornada de tarde un empregado de retén rotativo entre o dito persoal; o seu horario en xornada de retén será das 8.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas. O período desta xornada intensiva será desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, ámbolos dous incluídos.

II. Acordos en materia de xornada para persoal administrativo

-Estes acordos afectaranlles ós traballadores da empresa que, con independencia da denominación da categoría que teñan atribuída, realicen habitualmente funcións administrativas.

-O sistema de ordenación de horarios que se contén nestes acordos será de aplicación desde o 1 de xaneiro ó 14 de xuño e desde o 16 de setembro ó 31 de decembro de cada ano.

-Con carácter xeral, aplicaranse para o dito persoal os seguintes sistemas de distribución horaria da xornada:

* De luns a xoves das 9.00 ás 14.00 horas e das 15 ás 19 horas.

* Os venres das 9.00 ás 15.00 horas.

-Aplicación por departamentos.

* Ó persoal do departamento de mantemento aplicaráselle o seguinte sistema de distribución horaria da xornada de luns a venres:

Primeira quenda das 9.00 ás 17.30 horas.

Segunda quenda das 9.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas.

O persoal afectado rotará semanalmente en cada unha das quendas.

* Ó persoal do departamento de loxística aplicaráselle o seguinte sistema de distribución horaria de xornada:

Primeira quenda de luns a xoves das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas, e venres das 9.00 ás 15.00 horas.

Segunda quenda de luns a mércores e venres das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas, e o xoves das 9.00 ás 15.00 horas.

O persoal afectado rotará semanalmente en cada unha das quendas.

* Con relación ó previsto no epígrafe aplicación por departamentos, deberase ter presente que se nos departamentos afectados existise unha soa persoa desenvolvendo funcións administrativas, ó resultar inviable a rotación prevista, non sería de aplicación o modelo de xornada flexible, debendo realizar, en todo caso, a xornada que con carácter xeral se fixa no epígrafe I deste artigo.

Artigo 17º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará dunhas vacacións de trinta días naturais de duración ou parte proporcional ó tempo traballado.

Cando as vacacións sexan fraccionadas, por proposta da empresa, non se terán en conta os días festivos nin os domingos.

A empresa concederá as vacacións no período estival.

Para o cálculo da remuneración das vacacións tomarase a media das percepcións devengadas nos tres meses naturais inmediatos anteriores ó desfrute das vacacións, constituída polo salario base incrementado con tódolos complementos salariais devengados na xornada ordinaria.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

As licencias e os permisos que a empresa lles poderá conceder ós traballadores serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo a este convenio. O desfrute das licencias recollidas no dito cadro iniciarase, en todo caso, na data do feito causante ou motivo de licencia.

Artigo 19º.-Salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 2003 rexerán, para tódolos efectos, os salarios que figuran nas táboas anexas, que representan un incremento do 3,65 % sobre os vixentes o 31 de decembro de 2002.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito no primeiro bienio ó 3% do salario base, e a partir deste bienio computaranse trienios ó 4%.

Artigo 21º.-Horas extras.

Unicamente se realizarán horas extraordinarias cando estas sexan de carácter estructural. A realización de horas extraordinarias axustarase ós criterios seguintes:

1. Horas extraordinarias habituais, supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, como no caso de risco de perda de materias primas, realización.

3. Horas extraordinarias necesarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias da natureza da actividade de que se trate. Manteranse sempre que non caiba a utilización de distintas modalidades de contratación temporal previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa e o delegado sindical sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desa información dos criterios, máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e a natureza das horas extraordinarias.

En ningún caso as horas extraordinarias poderán ser superiores a un máximo legal de oitenta horas ó ano, agás o disposto no punto 2 anterior.

O importe das horas extraordinarias aboarase coas seguintes recargas:

As realizadas en días non laborables, ó 200% sobre o valor da hora normal de traballo; o resto co 75% do valor da hora normal de traballo.

O traballador terá opción de elixir se as horas extraordinarias que realizou se lle aboan na dita forma ou se se lle compensan polo tempo de descanso. Se opta polo tempo de descanso, a realización será:

Por cada hora extraordinaria realizada corresponderanlle dúas horas de descanso.

O momento que o traballador poida desfrutar das horas ordinarias de descanso que fose acumulando será determinado de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

Dáse por suposto que en calquera caso ese tempo de descanso será retribuído como se fosen horas ordinarias e debidamente cotizado.

4. Prohíbeselles realizar horas extraordinarias ós menores de dezaoito anos.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a dúas pagas extraordinarias anuais, aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos

salariais que correspondan. Estas pagas faranse efectivas o 15 de xullo e o 15 de decembro.

O persoal que ingrese ou cese durante o ano percibirá as pagas extraordinarias en proporción ó tempo realmente traballado.

Con efectos da entrada en vigor deste convenio colectivo, todo o persoal afectado por el terá dereito a percibir dúas novas gratificacións extraordinarias, coa denominación, data de percepción, contía e tratamento que se especifican:

1. Paga de marzo. Devengarase por ano natural. Farase efectiva o 15 de marzo, salvo para o persoal que ingrese durante o ano; neste caso a súa data de pagamento trasladarase ó 31 de decembro, e aboaráselle na súa parte proporcional. A súa contía será de 222,66 euros.

2. Paga de outubro considerada como paga de asistencia ó traballo. Farase efectiva o 15 de outubro. A súa contía será de 312,65 euros. Percibirase en proporción ó tempo efectivamente traballado, computado desde o 1 de outubro do ano precedente ó 30 de setembro do ano en que se percibe, tendo a consideración de tempo efectivamente traballado a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza como consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización, así como as licencias retribuídas coa excepción das consultas médicas.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

A contía da axuda de custos será de 7,51 euros, establecendo un tempo para efectuar esta axuda de custos o necesario abranguido entre 30 e 60 minutos, segundo as necesidades productivas e por ampliación de xornada, sendo esta de 3 ou máis horas.

O aboamento por quilometraxe en comisión de servicio será de 0,25 euros/km.

Artigo 24º.-Accidentes e IT.

Todo o persoal afectado por este convenio que estea en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo percibirá un complemento por parte da empresa que completará o total da retribución neta que tivese que percibir no suposto de que estivese en activo.

Os accidentes de traballo producidos in itinere, terán o mesmo tratamento que se establece no parágrafo precedente, sempre e cando estes accidentes se produzan como máximo dentro dunha hora previa á entrada ou unha hora posterior á saída do traballo, coa obriga de presentarlle á empresa o volante de asistencia da compañía aseguradora que o acredite.

Con referencia á IT (incapacidade temporal), a empresa aboará os catro primeiros días, a partir dos 30 días naturais, dúas veces ó ano.

Artigo 25º.-Complementos de postos de traballo.

A partir da entrada en vigor deste convenio colectivo operarán os seguintes complementos de postos de traballo:

a) O persoal de fabricación que preste os seus servicios en serras de corte, máquinas Norfor, cortadora de ás, mondadora e cortadora de aneis percibirá, por este concepto, un complemento equivalente a 0,67 euros por hora de traballo nas ditas máquinas.

b) Ó persoal de fabricación que preste os seus servicios nas máquinas Rovemas, Tempura, así como ó persoal de producción que interveña nos labores de tratamento químico de pota, percibirá, por este complemento, a cantidade de 24,22 euros ó mes.

Artigo 26º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Aboarase o tempo que se dedique a tarefas que encerren estas características e que fosen consideradas como tales, logo do dictame do gabinete de seguridade e hixiene e informe da Inspección de Traballo, cun incremento do 20% do salario base, liquidándose exclusivamente o tempo efectivamente traballado.

A empresa e o comité elaborarán un cadro destes traballos, no que queden reflectidas estas tarefas (máquinas, etc.).

Artigo 27º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será dun 25% sobre o salario convenio, segundo o Estatuto dos traballadores.

Artigo 28º.-Traballo en cámaras.

A dirección da empresa coidará de que se distribúa o citado traballo de forma que este non prolongue os períodos de estadía ininterrompida do persoal no interior das cámaras de productos conxelados, por máis dunha hora, debendo permanecer fóra dela por igual período de tempo, exercendo outra actividade.

A distribución efectuarase, en todo caso, logo de acordo entre o responsable da sección de cámaras e os traballadores afectados.

O persoal que realice estes traballos, percibirá un incremento do 25% sobre o salario base por cada hora ou fraccións de media hora en concepto de traballos penosos.

Artigo 29º.-Complemento de contratación temporal.

Os traballadores con contratos eventuais ou de temporada, sempre que este contrato teña unha duración superior a 30 días e inferior a seis meses, percibirán unha indemnización dun día de salario. E se a súa contratación supera os seis meses e é inferior a un ano, percibirán unha indemnización de dous días por mes, sempre e cando a partir do ano non se renove o seu contrato.

O anterior faise extensivo, igualmente, ós contratos temporais cunha duración dun ano.

Artigo 30º.-Préstamos.

Ó persoal con contratos dun ano ou superiores ó ano, que soliciten estes préstamos, concederáselle-lo importe máximo de dúas mensualidades comezando o desconto deste a partir do mes seguinte da súa concesión. Estes préstamos outorgaranse de acordo entre a xerencia e o comité de empresa, segundo solicitude. Os préstamos concederanse de maneira que en ningún momento a cantidade global concedida por tal concepto e para o conxunto dos solicitantes supere o límite de 3.005,06 A mensuais.

Artigo 31º.-Seguro de accidentes e indemnizacións.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

Morte do traballador. Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 54.510,65 euros.

Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez. O traballador percibirá a cantidade de 54.510,65 euros, para os primeiros casos, 109.021,30 euros, para os segundos e 218.042,62 euros para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

Morte do traballador. Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 54.510,65 euros.

Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez. O traballador percibirá a cantidade de 54.510,65 euros para os primeiros casos, 109.021,30 euros para os segundos e 218.042,62 euros para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros da que se lle entregará copia oficial ó comité de empresa.

Artigo 32º.-Xubilación.

A idade de xubilación será obrigatoria ós 65 anos sempre que o traballador ou traballadora cumpra os requisitos mínimos legais para acceder á prestación de xubilación. A xubilación voluntaria establécese ós 64 anos, segundo as normas do AI (Acordo Interconfederal) e do AES (Acordo Económico e Social).

Premio de xubilación: o persoal cunha antigüidade superior ós 20 anos de servicio percibirá o importe dunha mensualidade, e se supera os 30 anos de servicio percibirá o importe de dúas mensualidades.

Artigo 33º.-Subministracións.

A empresa afectada por este convenio proporcionaralles ós seus traballadores os productos elaborados nela cunha porcentaxe de desconto e a contía estrictamente necesaria para o consumo do fogar do traballador; acordaranse ámbolos extremos no seo da empresa.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a se sindicaren libremente. Admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa; non poderá suxeita-lo emprego dun traballador ás condicións de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Ademais, no comité de empresa elixirase un delegado sindical por cada sindicato representativo no comité de empresa. Este delegado será designado por cada sindicato achegando a acta de elección da central sindical correspondente. Os delegados sindicais representarán o sindicato na empresa e terán os mesmos deberes e dereitos cós membros do comité, coa excepción do voto, cando sexa necesario.

A empresa respectará as disposicións en vigor, en relación coas garantías dos representantes dos traballadores, así como as competencias do comité de empresa en canto á seguridade e hixiene. Os membros do comité e delegados sindicais terán un crédito de 25 horas mensuais, e de acordo con este convenio, estas horas poderán ser acumuladas nun ou varios membros do comité, por decisión das respectivas centrais sindicais.

Cota sindical: por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que teñan representación no comité, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores interesados a cota sindical. Para a realización de tal operación deberán

remitirlle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou o sindicato a que pertenzan, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de caixa de aforros á que se debe transferi-la correspondente cantidade.

A dirección entregaralle copia da transferencia á representación sindical.

Artigo 35º.-Recoñecemento médico.

Este recoñecemento será efectuado unha vez ó ano para todo o persoal, así como para o persoal de novo ingreso.

Artigo 36º.-Seguridade e hixiene no traballo.

1. A empresa comprométese a desenvolve-las accións e medidas en materia de saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo onde a saúde do traballador non se vexa afectada por estas, de acordo coa lexislación vixente.

A obrigada aplicación da lexislación vixente débese superar nas lagoas e desfases que poida representar ante os novos sistemas de traballo e os riscos profesionais que deles deriven.

As propostas destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, melloramento das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe e control de participación sindical nos centros de traballo.

2. Colocaranse caixas de primeiros auxilios en lugares destacados.

Tódolos postos de traballo terán as medidas de seguridade adecuadas ó mesmo servicio dotado de suficiente auga quente e fría.

3. Recoñéceselles un crédito mensual de oito horas a cada un dos compoñentes do comité de empresa

que pertenzan a saúde laboral sempre e soamente cando se utilicen de forma expresa para labores relacionados coa prevención de riscos e a saúde dos traballadores dentro do centro de traballo.

Artigo 37º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por tres membros de cada unha das partes, social e económica. Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, será o xulgado do social competente quen decida sobre el. Cada unha das partes poderá incorporar ás reunións un asesor dos sindicatos correspondentes.

Artigo 38º.-Partes negociadoras e asinantes.

Este convenio colectivo foi negociado e subscrito por parte da representación económica por Fernando Ilarri Junquera, director de Recursos Humanos do Grupo Pescanova; Roí Vilela López, director xerente; Evangelina Bello Dopazo, xefa de Persoal de Pez Austral, S.A.

Pola representación social: Mercedes González Prieto, Mª José Rivadulla Fernández, Pilar Martínez Rodríguez, Ángeles Rodríguez Alves, Bernardo Otero Dacosta e Herlinda Alonso Lorenzo, de Comisiones Obreras (CC.OO.); Fátima Guzmán Gómez, Ana Cancela Currás, Nieves Cao Trigo, Fernanda Lestón García e Graciela Lago Vázquez, de Confederación Intersindical Galega (CIG).

Disposicións adicionais

Primeira.-No non previsto expresamente neste convenio colectivo aplicarase o establecido polo Estatuto dos traballadores, convenio colectivo sectorial e Lei orgánica de liberdade sindical.

Segunda.-As contratacións de traballadores con contratos de posta á disposición axustaranse rigorosa e escrupulosamente ós contidos da Lei 14/1994 e demais lexislación que a desenvolva.

Permisos e licencias concedidas ós traballadores

Motivos da licenciaTempo máximoConceptos que se van percibirXustificantes
SalarioAntig.C. volunt.

Matrimonio do traballador. Unión parella de feito.15 días naturaisSISISILibro de familia ou certificación do xulgado ou, se é o caso, certificación de convivencia.

Enfermidade grave, hospitalización e intervención cirúrxica de pais, fillos, irmáns e cónxuxe.

Ídem. de pais políticos e fillos políticos

5 días naturais

3 días naturais

SI

SI

SI

SI

SI

SI

Documento que acredite parentesco e certificado médi- co con especificación de gravidade.

Nacemento de fillo5 días naturaisSISISILibro de familia ou certificado xulgado.

Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e irmáns.Exceso dos cinco díasNONNONNONDocumento que acredite parentesco e certificado médico con especificación de gravidade.

Morte do cónxuxe ou pais, fillos, irmáns, avós e netos traballador.5 días naturaisSISISINecrolóxica e/ou documento que acredite parentesco.

Morte de tíos.1 día naturalSISISINecrolóxica e/ou documento que acredite parentesco.

Morte de pais, irmáns, avós e netos do cónxuxe do traballador.2 días naturais (provincia)

3 días naturais (fóra da provincia)

SI

SI

SI

SI

SI

SI

Necrolóxica e/ou documento que acredite parentesco.

Cambio domicilio habitual.1 día naturalSISISICertificado servicio empadroamento.

Matrimonio dun fillo en día laborable.O día da celebraciónSISISICertificado xulgado ou igrexa. Acreditar parentesco.

Lactación dun fillo menor de 9 meses.1 hora/día seguida ou reducción 2 fraccións de œ hora. Reducción 1 h xornada

SI

SI

SI

Certificado parto.

Motivos da licenciaTempo máximoConceptos que se van percibirXustificantes
SalarioAntig.C. volunt.

Probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios.Tempo necesarioSISISIXustificante médico.

Consulta médica (Concello de Vigo).2 horas, sempre que traballe o resto da xornadaSISISICertificado médico.

Consulta médica (outros concellos).3 horas, sempre que traballe o resto da xornadaSISISICertificado médico.

Representación sindical.O necesario ou legalmente establecidoSISISICitación ou xustificación sindical.

Inescusables de carácter público:

Eleccións.

Tribunais ordinarios:

Testemuña.

Demandante.

Demandado.

Xuzgados de lo social:

Testemuña.

Demandante.

Demandado.

Presentación a quintas.

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

Polo tempo necesario

SI

SI

SI

SI

SI

SI

SI

SI----

SI

SI

SI

SI

SI

SI----

SI

SI

SI

SI

Certificado mesa electoral.

Citación.

Citación.

Citación.

Citación.

Citación.

Citación.

Xustificación de citación.

Horas extraordinarias

Categoría profesionalRemuneración anual brutaSalario base mensualAntigüidadeSen antigüidadeCon 1 bienioCon 1 quinquenio

2003 *20031 bienio1 trienio75%200%75%200%75%200%

Técnicos administrativos

Xefe contabilidade14.885,44 A1.025,02 A30,75 A41,00 A14,15 A24,25 A14,57 A24,98 A15,14 A25,95 A

Xefe mantemento xeral14.306,16 A983,64 A29,51 A39,35 A13,58 A23,27 A13,98 A23,97 A14,53 A24,90 A

Licenciado técnico superior16.007,43 A1.105,16 A33,15 A44,21 A15,25 A26,15 A15,71 A26,93 A16,32 A27,98 A

Xefe administrativo14.885,44 A1.025,02 A30,75 A41,00 A14,15 A24,25 A14,57 A24,98 A15,14 A25,95 A

Xefe movemento13.644,89 A936,41 A28,09 A37,46 A12,93 A22,16 A13,31 A22,82 A13,83 A23,71 A

Xefe producción13.474,39 A924,23 A27,73 A36,97 A12,76 A21,87 A13,14 A22,53 A13,65 A23,40 A

Adxunto a producción13.474,39 A924,23 A27,73 A36,97 A12,76 A21,87 A13,14 A22,53 A13,65 A23,40 A

Encargado xeral12.892,21 A882,64 A26,48 A35,31 A12,18 A20,89 A12,55 A21,51 A13,04 A22,35 A

Encargado de sección12.107,89 A826,62 A24,80 A33,06 A11,41 A19,56 A11,75 A20,15 A12,21 A20,93 A

Promotor de vendas11.693,16 A797,00 A23,91 A31,88 A11,00 A18,86 A11,33 A19,42 A11,77 A20,18 A

Oficial de 1ª administrativo12.723,01 A870,56 A26,12 A34,82 A12,02 A20,60 A12,38 A21,22 A12,86 A22,04 A

Oficial de 2ª administrativo12.062,03 A823,34 A24,70 A32,93 A11,36 A19,48 A11,71 A20,07 A12,16 A20,85 A

Auxiliar administrativo10.356,41 A701,51 A21,05 A28,06 A9,68 A16,60 A9,97 A17,10 A10,36 A17,76 A

Telefonista10.299,82 A697,47 A20,92 A27,90 A9,63 A16,50 A9,92 A17,00 A10,30 A17,66 A

Oficios varios

Oficial 1ª electrónico11.753,24 A801,29 A24,04 A32,05 A11,06 A18,96 A11,39 A19,53 A11,83 A20,29 A

Oficial 2ª electrónico11.601,45 A790,45 A23,71 A31,62 A10,91 A18,70 A11,24 A19,26 A11,67 A20,01 A

Oficial 1ª mantemento11.791,98 A804,05 A24,12 A32,16 A11,10 A19,03 A11,43 A19,60 A11,88 A20,36 A

Oficial 2ª mantemento11.601,45 A790,45 A23,71 A31,62 A10,91 A18,70 A11,24 A19,26 A11,67 A20,01 A

Chofer 1ª11.630,62 A792,53 A23,78 A31,70 A10,94 A18,75 A11,27 A19,32 A11,70 A20,07 A

Almaceneiro11.288,45 A768,09 A23,04 A30,72 A10,60 A18,17 A10,92 A18,72 A11,34 A19,45 A

Pesador10.744,87 A729,26 A21,88 A29,17 A10,07 A17,26 A10,37 A17,77 A10,77 A18,46 A

Conductor carretilla12.097,88 A825,90 A24,78 A33,04 A11,40 A19,54 A11,74 A20,13 A12,20 A20,91 A

Vixilante nocturno12.057,97 A823,05 A24,69 A32,92 A11,36 A19,48 A11,70 A20,06 A12,16 A20,84 A

Axudante oficios varios10.022,95 A677,69 A20,33 A27,11 A9,35 A16,04 A9,63 A16,52 A10,01 A17,16 A

Limpadora oficinas10.022,95 A677,69 A20,33 A27,11 A9,35 A16,04 A9,63 A16,52 A10,01 A17,16 A

Oficial de primeira10.022,95 A677,69 A20,33 A27,11 A9,35 A16,04 A9,63 A16,52 A10,01 A17,16 A

Oficial de segunda9.154,75 A615,68 A18,47 A24,63 A8,50 A14,57 A8,75 A15,01 A9,09 A15,59 A A

* = inclúe salario base, pagas extras (xullo e Nadal), extras (marzo e outubro)