Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificáselle a Florencio Suárez Arévalo os datos da resolución da Dirección Xeral de Urbanismo do 30 de outubro de 2003, de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, ó abeiro do disposto polos artigos 214 e 210 en relación co 209 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dictada no seguinte expediente de reposición da legalidade urbanística, por resultar ausente no reparto.

Expediente: 107 B-2003/39-0 de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: Florencio Suárez Arévalo.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Murguía, 16-5º E, A Coruña.

Feitos: obras rematadas consistentes en construcción de soleira de formigón cunhas dimensións de 7 x 6 metros (42 m de superficie), pegada á esquina nordés dun peche de bloques de formigón, cunha altura total de 1,80 metros, superando a altura de peche cego permitida. No ángulo nordés do muro de peche perimetral, e nun piar de formigón na esquina que queda libre da soleira apóiase unha cuberta de estructura de madeira e cubrición de tella cerámica, formando un alpendre, que non garda recuamento ningún dos lindeiros nese ángulo sen licencia municipal nin autorización autonómica en terreos cualificados como solo non urbanizable de protección de costas e praias, conforme o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 29 de decembro de 1995, e dentro do Espacio Natural Costa de Dexo, da Rede Natura 2000.

Lugar: Seixo Branco, 47-Serantes.

Municipio: Oleiros.

Contido da parte dispositiva da resolución: 1. Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística co obxecto de determina-la compatibilidade ou non da actuación co ordenamento urbanístico vixente; 2. Notificarlles esta resolución ós

interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegaren e presentaren os documentos e xustificións que estimen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo