Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/328).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. sobre A Igrexa.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 553 m de lonxitude, en conductor R.H.Z.1 de 240 mm Al, que parte de apoio nº 41 da L.M.T.A. subterránea Pedrido-Guísamo e final no C.T. que se vai instalar tipo compacto-integrado en envolvente de formigón de 250 kVA no lugar de sobre A Igrexa-Guísamo. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña